GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Fernando Mancebo: «A min dixéronme que non tiña que pagar»

(15/07/2013)

Fernando Mancebo: «A min dixéronme que non tiña que pagar»

Fernando Mancebo ten 60 anos. Regresou de Suíza, onde traballou como tradutor de alemán, fai 12 e pertence a «a única» asociación de emigrantes retornados que hai en Galicia, Marusía, que ten a súa sede en Santiago. Por mor da polémica das pensións están a intentar crear plataformas comarcais, unha delas na Costa da Morte.

 

-Vostedes considéranse enganados. ¿Por que?

-Porque sempre se lle contou á xente que non tiña que pagar impostos polas súas pensións. A xente creullo, e non é así. A min mesmo vendeumo a Axencia Tributaria cando fun o primeiro ano despois de regresar, presenteilles os formularios e dixéronme que non tiña que pagar porque era pensionista. E ata o día de hoxe non paguei. Son un afectado máis, como calquera dos que hai.

-¿Entón só houbo un cambio de criterio?

-O que pasa agora é que o señor Goberno necesita diñeiro. Así que todas as pensións que vingan de fóra teñen que cotizar todos os anos desde o 2008, o que supón unhas cantidades importantísimas. O outro día vimos unha factura de 40.000 euros. E esa cantidade hoxe non a pode pagar ninguén de súpeto.

-Con todo, parece que pouco poden facer.

-De momento sabemos que esa lei existe, pero non queremos máis mentiras. Coas plataformas estamos a intentar ir ver o que podemos conseguir, e o que pedimos é que se nos quiten os atrasos e as multas. Aínda que non se se o imos conseguir, porque xa son 20.000 os que cotizaron en toda España e Facenda non vén atrás.

 

-¿Como afecta esta medida na Costa da Morte?

-Desde A Laracha ata Fisterra afecta moito, e diríalles que se recibiron a carta fagan o visto e prace de momento, pero imos esperar a setembro. Para os que non reciban a carta, o do 2008 xa prescribiu. Veremos que pasa o ano que vén.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas