GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Welcome to Little Galicia!

(15/07/2013)

Welcome to Little Galicia!

Nos sesenta e setenta, unha onda de inmigrantes galegos chegou a Londres para botar raíces en Portobello Road. Medio século despois, estes pioneiros ven como chega unha nova onda de paisanos: saber inglés é fundamental para prosperar

Pero non sempre foi así. Tras as Segunda Guerra Mundial, cando o Reino Unido precisaba de máis man de obra, case 200.000 xamaicanos chegaron de golpe a un país onde practicamente non había xente de cor. Notting Hill foi unha das barriadas ocupadas polos caribeños e os enfrontamentos coa policía e a poboación branca non tardaron en ocupar as portadas dos xornais. Era un barrio rough (termo inglés para describir un lugar duro, inhóspito), afirma o emigrante galego José Neto. Notting Hill era basicamente territorio comanche.

Os galegos, seres capaces de mutar ante as desavinzas da vida, foron xunto cos portugueses a seguinte comunidade estranxeira en desfacer as maletas en Portobello. De feito, moitos dos negocios que hoxe rexentan os nosos paisanos eran antes cafés ou perruquerías jamaicanas. Galegos e caribeños chegaron a unha especie de acordo de convivencia. Aos poucos os galegos gañaron peso no barrio, grazas en parte ao instituto español, onde segundo o profesor Xaime Varela «a principios dos 90 polo menos un 85 % do alumnado eran fillos de galegos».

Portobello é coñecido hoxe como Little Galicia. Restaurantes, bares de copas, lavanderías, hoteis, tendas gourmet, perruquerías... o número de negocios rexentado por galegos é sorprendente. A nova onda de inmigración pon á capital inglesa á fronte das cidades estranxeiras máis poboadas de Galicia. Antonio, vicepresidente do Centro Galego durante 12 anos, resúmeo nunha frase: «Aquí, en Portobello, fálase galego».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas