GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de 80 mozos descendentes de emigrantes chegan desde América Latina para coñecer Galicia

(15/07/2013)

Máis de 80 mozos descendentes de emigrantes chegan desde América Latina para coñecer Galicia

Realizarán actividades ao aire libre e campos de traballo

A Xunta espera que os participantes «actúen como axentes de renovación da galeguidade», e que transmitan «a súa experiencia propia a moitos outros nos seus lugares de orixe ou residencia habitual». 177 foron os mozos, provenientes de distintos países de América Latina, elixidos para formar parte do proxecto, tendo sido seleccionados de entre 365 solicitudes. Os participantes proceden de Arxentina (102), Uruguai (39), Venezuela (23), Brasil (6), México (4) e Cuba (3), e dividíronse en dúas quendas repartidas nas quincenas do mes de xullo.

As dúas modalidades nas que participarán en Conecta con Galicia son as actividades ao aire libre e os campos de traballo. Nas actividades ao aire libre participarán 157 mozos, distribuídos en dous grupos de idade, de 14 a 17 e de 18 a 20 anos, que poderán coñecer o patrimonio histórico cultural de distintas zonas de Galicia, así como realizar «actividades de náutica e tempo libre e de coñecemento do medio mariño».

Nos campos de traballo serán vinte os mozos, de entre 18 e 30 anos, que colaborarán de forma «desinteresada e voluntaria» en distintos labores que lles permitirán conseguir «un maior coñecemento da cultura galega, mellorar a contorna e recuperar o patrimonio cultural e arquitectónico». Para iso, farán uso de nove campos de traballo distribuídos na Coruña, Ourense e Pontevedra e poderán, ademais, realizar actividades de convivencia, de animación, e de lecer e tempo libre.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas