GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O 17 de xullo finaliza o prazo para solicitar as axudas da Dirección Xeral de Migracións

(12/07/2013)

O 17 de xullo finaliza o prazo para solicitar as axudas da Dirección Xeral de Migracións

Redacción, Madrid |Cronicas da Emigración|11 Xullo 2013 -

O 17 de xullo finaliza o prazo de presentación das solicitudes para acceder ás axudas dos programas de centros, de comunicación e de proxectos e investigación da Dirección Xeral de Migracións, cuxas convocatorias foron publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE) do 27 de xuño.

A Dirección Xeral de Migracións destina ao programa de centros unha contía total que ascende a 431.416 euros.

As subvencións aos centros teñen por obxecto contribuír a sufragar os gastos de obra nova, obras de rehabilitación e adaptación dos edificios e instalacións, e adquisición de equipamento, das entidades radicadas no exterior, cuxa finalidade sexa a asistencia social, sanitaria e sociocultural a favor dos españois do exterior. O importe máximo da axuda será de 55.000 euros.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as federacións, asociacións ou centros de españois no exterior, que conten cun número de asociados maior de cincuenta e que desenvolvan un labor sociocultural, sanitario ou asistencial a favor dos españois do exterior.

As entidades solicitantes deberán carecer de ánimo de lucro, estar legalmente constituídas, radicadas no estranxeiro e figurar inscritas, no seu caso, no Censo de Asociacións e Centros (CACE) da Dirección Xeral de Migracións con dous anos de antelación á data de presentación da solicitude.

Serán subvencionables os gastos de investimento, os de adquisición de equipamentos, medios informáticos, audiovisuais e mobiliario, así como as obras para a rehabilitación, o acondicionamento e adaptación de inmobles. Non serán subvencionables os gastos de reparacións e de mantemento.

A Dirección Xeral de Migracións tamén publicou as axudas dos programas de comunicación e de proxectos e investigación, cuxo prazo expira o 17 de xullo, inclusive.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas