GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Asociación de Mexicanos en Galicia organiza este fin de semana en Fexdega o primeiro Festival das dúas Culturas

(10/07/2013)

«Apostamos por Vilagarcía pola súa localización e infraestrutura»

A Asociación de Mexicanos en Galicia organiza este fin de semana en Fexdega o primeiro Festival das dúas Culturas

-¿Por que deciden facer este festival?

-A intención do festival é fundamentalmente unir as dúas culturas, dada a repercusión dos galegos en México. Hai unha relación moi importante entre Galicia e México a partir fundamentalmente da xente que empezou a emigrar, que fixo grandes esforzos e logros en México. Doutra banda, tamén é darlle a oportunidade á xente de Galicia, aos artistas noveis, para que poidan cruzar o charco para chegar non só a México, senón a toda América. Isto é un pouco o que se pretende. E que ao final, a través da casa da cultura, que nós a imos nomear a casa Mexiga e que queremos que estea en Vilagarcía, pretendemos que sexa practicamente un viveiro de artistas, tanto mexicanos como galegos.

 

-O certame xorde con vocación de continuidade, pero ¿tamén en México?

-A segunda edición témola en marzo. Temos xa varias localidades en México e algúns puntos que aínda están por ver. O que intentamos é que parte deste cartel leve a México e que entón toque facer unha homenaxe a un personaxe galego. Neste caso facemos unha homenaxe á señora Lola Beltrán, unha gran representante da música rancheira, e vén acompañarnos a súa filla, María Elena Beltrán, que herdou practicamente todo o talento da súa nai.

 

-¿Por que elixiron Vilagarcía?

-Nós empezamos co proxecto, e ao final converteuse nun gran festival, con multitude de actividades, e vimos que algunhas localidades nas que pensamos facelo non terían a infraestrutura suficiente. Entón, por medio tamén da Secretaría de Turismo de Galicia, decidiuse abordar este festival en Vilagarcía, pola súa localización e pola súa infraestrutura.

 

-A relación é intensa entre as dúas culturas, pero ¿coñécense realmente?

-As dúas culturas teñen grandes riquezas e trátase de que se coñezan e de dalas a coñecer tamén no mundo. Pero creo que si, que fai falta moito por coñecer en ambos os casos. Por exemplo, en México hai moita xente que pensa que os galegos son os españois. Incluso, unha cousa curiosa que me pasou, é que unha persoa que veu por aquí e que viu un hórreo e pensou que era unha tumba. Cousas deste tipo. Ao revés pasa o mesmo. Para a próxima edición, por exemplo, queremos montar un altar de mortos, para que a xente o coñeza.

 

-Fáleme do programa.

-O sábado temos un bombazo de música. Temos a tres grandes da música mexicana, do mellor que existe en México. Traemos aos Tucans de Tijuana, que son practicamente os máximos representantes da música norteña en México. Traemos a Lola Beltrán, e tamén temos ao embaixador da música mexicana en Europa, Alberto Ángel El Cuervo, e por parte de Galicia, a Luar na Lubre, entre outros. O domingo haberá gastronomía, bailes, música, exposicións e cine.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas