GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os suízos apertan as filas

(08/07/2013)

Os suízos apertan as filas

Na Confederación están previstas varias consultas populares para restrinxir o fluxo de inmigrantes, un fenómeno que os galegos asentados no país atribúen ao "medo" á crise nos países do ámbito

c. villar |Faro de Vigo | santiago 07.07.2013


Xosé Abelenda e Jesús Gómez, galegos en Suiza. // Foto por J. G.
Xosé Abelenda y Jesús Gómez, gallegos en Suiza. // Foto cedida por J. G.

"Suíza é pequena". Constátano os emigrantes galegos que chegan á terra dos reloxos, os bancos, as farmacéuticas e o chocolate para conseguir un traballo que o sistema español lles nega. Con todo, son conscientes de que, mentres exista demanda de traballadores por parte dos empresarios, que son en última instancia os que requiren da súa presenza, aínda hai espazo para eles. Pero os suízos empezan a non pensar o mesmo porque o discurso do "medo", difundido dende partidos reaccionarios, lles recorda que viven rodeados por países en crise. Non queren ser os seguintes.


Aínda que Suíza non está integrada na Unión Europea, a súa ratificación do tratado de Schengen obrígaa a permitir a entrada dos seus traballadores. Pero a Confederación Helvética non só imponse obrigas. A cambio, pode exportar os seus produtos. "Suíza necesita a Europa e Europa necesita a Suíza", conclúen os emigrantes galegos residentes no país, coa esperanza de que iso evite pechar a billa ao fluxo de estranxeiros parados que buscan no país de Heidi unha oportunidade.

Malia todo, a crise dos seus veciños, explican os galegos de Santa Comba Xosé Abelenda e Jesús Gómez, que desenvolven o seu labor nos sindicatos suízos Unia, en Biel, e SIT, en Xenebra, respectivamente, comezou a facer que os seus habitantes sintan "medo" polo que acontece tras as súas fronteiras e o que perciben como efecto: unha chegada masiva de inmigrantes.

Os xornais da Confederación avivan a chama ao facerse eco do fenómeno, do que non escapan os galegos, que "volven", afirman nos seus titulares. Non é unha impresión. O IGE rexistra como residentes alí a máis de 37.000 galegos e Suíza é o país europeo que máis cidadáns da comunidade acolle. Iso sen incluír a todos os temporais.

Os sectores máis reaccionarios aproveitan ese "medo", denuncian ambos os dous, para intentar limitar os fluxos migratorios. Aínda que xa houbo referendos nesa dirección, non recibiron apoio, pero, hai pouco, os suízos deron luz verde a endurecer as condicións de asilo e en próximos meses están previstas máis iniciativas nesa liña.

Así, se votará outra "Contra a inmigración masiva", de SVP (PartidoPopular Suízo), que propón que as autorizacións de estanza a estranxeiros se limiten "por teitos e continxentes anuais" segundo "os intereses económicos globais de Suíza e no respecto ao principio da preferencia nacional". Hai pouco, Suíza limitou xa o número de inmigrantes da UE, pero a medida só durou un ano e foi máis simbólica que outra cousa. Tamén o SVP pretende que os foráneos condenados por delitos graves sexan expulsados do país. A proposta gañou un referendo en 2010, pero repítena porque o Goberno se "empeña" en non a aplicar. Outra das iniciativas, "Alto á sobrepoblación, si á preservación duradeira dos recursos naturais", propón que o aumento de residentes tribuible ao saldo migratorio non exceda do 0,2% por ano.

O "motor" destas propostas é, para Gómez, o "medo" xunto a un "reflexo de protección". "Cada vez que hai crise fóra, os suízos teñen o reflexo de pecharse, mesmo xente aberta," afirma. "Non se trata de que non poidan ver aos estranxeiros", senón de que, "como en Suíza as leis se aplican bastante, buscan bloquealas para que non se produza o que ven como unha invasión", porque perciben que hai máis presión de xente de fóra que nun primeiro momento pode traballar máis barato e cren que pagarán o prezo". Algúns patróns "usan iso como coacción".

Aínda que espera que Suíza recorde que "non" se pode permitir pechar de todo a fronteira polas súas exportacións" e porque vive do seu prestixio fóra", tamén augura que, se a crise segue, "é probable que se vote cada vez máis iniciativas e referendos contra a inmigración". O mesmo opina Abelenda, quen cre que "hai risco de que prosperen porque os suízos teñen a impresión de acoller a todos os parados de Europa": "Por inseguridade non, pero quizais se sintan invadidos". Non obstante, aclara que o Consello Nacional non ve con bos ollos limitar os inmigrantes. Esta semana, de feito, o Consello Nacional (Parlamento) rexeitou a iniciativa que SVP levará a consulta para fixar continxente alegando a súa contribución á prosperidade do país. E o pobo suízo adoita votar, apunta Abelanda, na dirección que marca.

Malia todo, Gómez non cre que "vaia haber restricións enormes" para os galegos por culpa de "leis racistas" porque existe "boa impresión deles". Si as pode haber "no mercado de traballo". Ese é tamén o temor de Abelenda, quen di que "traballo de momento hai" aínda que non sabe "ata cando". Mentres, os galegos seguen chegando. E agora, ao perfil de hipotecado en apuros súmanse xa casos incipientes de vítimas das preferentes, admite Abelenda.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas