GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

420.051 expedientes de nacionalidade tramitados polos Rexistradores

(02/07/2013)

420.051 expedientes de nacionalidade tramitados polos Rexistradores

A encomenda a Rexistradores dentro do Plan Intensivo de Nacionalidade chega ao 88% de expedientes tramitados.

www.parainmigrantes.info  xullo 1, 2013

Case a totalidade dos expedientes incluídos dentro do Plan Intensivo de Nacionalidade foron xa tramitados polos Rexistradores da propiedade.

Segundo a web de Registradores.org, 420.051 son o número de expedientes tramitados dun total de 478.233 expedientes totais.

Xusto cando se cumpre un ano da encomenda efectuada (25 de xuño de 2012), os Rexistradores cumpriron con gran parte do proceso en breve chegarán ao 100% dos expedientes tramitados.


A encomenda seguirá ata finais de 2013.

Durante as últimas semanas comprobamos certa paralización do número de procesos tramitados. Aínda que non sabemos as causas exactas diso, é probable que o motivo se deba ao reinicio de revisión dos expedientes aos cales se lles realizou requirimentos de documentación nos últimos meses. Estes expedientes estaban, na súa gran maioría, coa nova documentación achegada pero pendentes de que a devandita documentación fose escaneada e incluída na aplicación que os Rexistradores usan para tramitar os expedientes de nacionalidade española.

Parainmigrantes.info puido descubrir que dende hai unhas tres semanas todos estes documentos están a ser xa escaneados e, se atendemos á rapidez coa que se realizou o escaneo dos 478.000 expedientes o pasado verán, non deberiamos tardar moito en ver as primeiras resolucións de estranxeiros con documentos requiridos.

Así pois, o proceso entra nunha fase importante, con tres frontes distintas e problemáticas distintas. A daqueles que esperan resolución, a daqueles que están en fase de xura (moitos deles en notarías) e a daqueles aos que lles foi denegada a nacionalidade española.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas