GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Chegan a Santiago os primeiros mozos da emigración para o programa de campamentos

(02/07/2013)

Chegan a Santiago os primeiros mozos da emigración para o programa de campamentos

Redacción, Santiago |Cronicas da Emigración | 01 Xullo 2013 -

 

Un grupo de jóvenes del proyecto 'Conecta Galicia', a su llegada al aeropuerto de Santiago.

Un grupo de mozos do proxecto 'conecta Galicia', á súa chegada ao aeroporto de Santiago.

Os campamentos de verán que cada ano organizan a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, comezan este luns, día 1, en diversos puntos de Galicia. Este ano tamén se leva a cabo o proxecto 'Conecta Galicia', un programa rotatorio de convivencia entre participantes galegos e da Galicia exterior. Ao abeiro desta iniciativa, organizaranse actividades lúdicas e tamén sobre o Camiño de Santiago e o mar galego para descubrir o patrimonio histórico cultural, así como o medio mariño. Os primeiros mozos procedentes da emigración chegan este luns, 1 de xullo, ao aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela.

En total, os mozos da Galicia exterior teñen reservados 180 prazas entre as que se inclúen as deste programa e 20 a maiores en campos de traballo.

Na primeira quenda de campamentos, que se prolongará ata mediados de xullo, participarán un total de 1.430 mozos, se ben ao longo de todo o verán poderán beneficiarse desta iniciativa máis de 8.200 persoas.

Os campamentos inícianse nas seguintes instalacións: Complexo xuvenil As Mariñas (Bergondo); Campamentos de Furelos (Melide), Virxe de Loreto (Porto do Son), A Espiñeira (Boiro), A Devesa (Ribadeo), Os Chacotes (Palas de Rei), Penas de Xacinto (Entrimo), Pontemaril (Forcarei) e Illa de Ons (Bueu); Albergues Xuvenís de Area (Viveiro), Benigno Quiroga (Portomarín), As Sinas (Vilanova de Arousa) e Equal (Coles). Ademais, mañá rapazas e rapaces galegos tamén saen de intercambio para o País Vasco e La Rioja.

As actividades, que este ano chegarán a preto de 100 persoas máis que o anterior, diríxense a persoas entre 9 e 35 anos e divídense en actividades específicas para os distintos grupos de idade. O departamento autonómico investirá preto de 2,3 millóns de euros na posta en marcha destas, que permitirán a contratación dunhas 900 persoas entre os postos de monitores e directores de tempo libre.

Na programación inclúense: campamentos xuvenís para menores de 18 anos en Galicia e noutras comunidades autónomas; o uso en oferta concertada das instalacións xuvenís; as actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo en España e no estranxeiro; e accións de reencontro con mozos descendentes de galegos residentes no exterior.

O obxectivo dos campamentos de verán é que a xuventude empregue o seu tempo libre en actividades de carácter lúdico, cultural e deportivo, ao tempo que coñecen outros territorios e viven novas experiencias, así como favorecen a conciliación da vida laboral, persoal e familiar durante os meses estivais.

Este verán contarase con preto de 7.500 prazas de campamentos, entre as que se encontran prazas para menores con minusvalidez, fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero, ou menores tutelados, así como a oferta concertada.

Actividades para maiores de 18 anos

Os maiores de 18 anos e menores de 35 tamén poderán beneficiarse de actividades lúdicas. Serán un total de 393 prazas, na costa e no interior, que perseguen ofertar unha alternativa responsable dentro do ocio e tempo libre. Inclúense actividades deportivas e de coñecemento da cultura da auga galega, como o barranquismo, kaiak, BTT, geocaching, surf, bodyboard, escalada, kaiak de mar e sendeirismo.

Para os maiores de 18 anos tamén se poñen en marcha os campos de traballo, cun total de 310 prazas en Galicia. O seu obxectivo é fomentar a convivencia, a participación e a tolerancia a través dunha colaboración desinteresada e voluntaria.

En Galicia organízanse campos de traballo de diferentes temáticas: de conservación e información ambiental nas Illas Cíes; ambiental e etnográfico en Lalín; ambiental en Vilar de Ordelles e Muíños; de bioconstrución en Vilar de Barrio; de audiovisual en Celanova; e cultural e etnográfico en Ponteceso. Tamén haberá campos arqueolóxicos en Boqueixón e Rois; e de emprendimento en Palas de Rei.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2019
LMMeXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas