GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cataluña cobrará 35 euros aos inmigrantes por cada informe de arraigamento

(01/07/2013)

Cataluña cobrará 35 euros aos inmigrantes por cada informe de arraigamento

Con esta medida o Goberno catalán prevé recadar un millón anual para financiar os gastos burocráticos que supoñen estes trámites

 

O departamento de Benestar Social e Familia da Generalitat imporá unha taxa de 35 euros por cada informe de arraigamento que soliciten os inmigrantes, co que prevé recadar un millón anual para financiar os gastos burocráticos que supoñen estes trámites.

A consellera de Benestar Social e Familia, Neus Munté, explicou, nunha entrevista con Efe, que esta taxa está prevista na lei de acompañamento dos orzamentos e entrará en vigor cando sexan aprobados.

Munté, que o pasado xoves cumpriu os seus primeiros seis meses como consellera, explicou que a taxa se sumará á que xa cobran algúns concellos por estes servizos e avanzou que empezaron a falar coa Federación de Municipios de Cataluña e a Asociación Catalá de Municipios para intentar homoxeneizar a taxa municipal sobre informes de estranxeiría.

A consellera asegurou que o seu departamento non prevé pór ningunha taxa máis sobre os servizos que presta nos orzamentos deste ano e considerou que, aínda que a poboación inmigrante ten moitas dificultades de acceso laboral, non é un gravame a un colectivo vulnerable porque, segundo dixo, ela non lles poría «a etiqueta de vulnerables polo só feito de ser inmigrantes».

Segundo Munté, as persoas inmigradas solicitan un informe porque queren reagrupar á súa familia ou instalarse definitivamente aquí e poderán pagar os 35 euros da nova taxa. «Non creo que lles supoña un impacto importante», sinalou.

A consellera recordou que algúns concellos xa cobran unha taxa por estes informes «porque é unha tarefa personalizada, tense que cotejar documentación e polo tanto non é algo novo».

A Dirección Xeral de Inmigración, que depende do Departamento de Benestar Social, tramitou un total de 59.737 informes de estranxeiría desde que, en xullo de 2011, entrou en vigor a última reforma da lei de estranxeiría que outorgou esta competencia ás comunidades autónomas.

Dos 59.737 expedientes tramitados, actualmente están resoltos 55.190, dos que 50.662 resultaron favorables e 4.113 desfavorables.

Munté, que asegurou que o seu departamento non prevé aplicar ningunha outra nova taxa este ano, explicou que está pendente do teito de déficit que fixe o Goberno para acabar de redondear o proxecto de orzamento do seu departamento para este ano.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas