(01/07/2013)
Interior presume de ter logrado atallar a 'marea de inmigración ilegal'
Efe | El Mundo | L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona)
sábado 29/06/2013
O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, destacou que, aínda que parecía unha "misión imposible", o Goberno logrou atallar a "marea de inmigración ilegal", que en 2006 se converteu na primeira preocupación dos españois.
Nunha intervención nun foro monográfico do PP de Cataluña sobre inmigración, Fernández Díaz asegurou que a "loita decidida" contra a inmigración ilegal "non só protexe as nosas fronteiras e as da Unión Europea, senón que é o mellor xeito de defender a inmigración legal e ordenada, que é a que o noso país necesita,".
O ministro remontouse aos barómetros do CIS de 2006, nos que a inmigración era a primeira preocupación para os españois ante a multitude de imaxes de pateiras con persoas que "arriscaban e dramaticamente perdían as súas vidas" intentando chegar ás costas españolas.
Como mostra do "éxito" da actuación do actual Executivo para combater este fenómeno, Fernández Díaz apuntou que en 2006 chegaron ás Illas Canarias -unha das principais portas de entrada en España- un total de 31.678 inmigrantes en situación irregular, fronte a tan só 173 en 2012.
"A loita contra a inmigración irregular é un obxectivo irrenunciable", recalcou o ministro, que subliñou os froitos da colaboración internacional con países como Marrocos, Alxeria, Senegal e Mali, as repatriacións de inmigrantes sen papeis, a persecución ás mafias que trafican con persoas, o control e vixilancia do perímetro marítimo-terrestre e os controis aeroportuarios contra os falsos turistas.
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas