GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Oficina Federal de Inmigración e Refuxiados de Alemaña ofrece cursos especializados

(28/06/2013)

A Oficina Federal de Inmigración e Refuxiados de Alemaña ofrece cursos especializados

Redacción, Berlín |Cronicas da Emigración | 26 Xuño 2013 -

A Oficina Federal de Inmigración e Refuxiados (BAMF) ofrece cursos especializados dirixidos a todos os inmigrantes que busquen traballo ou queiran mellorar os seus coñecementos de alemán adaptándoos ás súas necesidades profesionais, segundo informou a Consellaría de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España en Berlín. Os cursos están subvencionados polo Fondo Social Europeo, polo que o Plan se denomina tamén Programa ESF-BAMF

Segundo os coñecementos previos e as necesidades do interesado, así como a orientación dos cursos, o contido pódese dividir en cursos especializados, prácticas ou visitas a empresas. Poden ter unha duración de ata 730 horas lectivas impartidas en seis meses a tempo completo ou doce meses a tempo parcial.

Poden asistir aos cursos ESF-BAMF persoas que están rexistradas como demandantes de emprego ou perciben a prestación por desemprego, así como tamén aquelas que xa traballan, sempre que cumpran determinados requisitos: trasfondo migratorio, con independencia da nacionalidade, alemán como lingua estranxeira, ensino obrigatorio rematado e curso de integración rematado, a non ser que o interesado teña suficientes coñecementos de alemán ou asista a cursos organizados na empresa onde traballa.

A participación nos cursos de alemán con fins profesionais é gratuíta.

Se o participante percibe a prestación por desemprego, tanto contributiva coma non contributiva (Hartz IV), a escola de idiomas reembolsaralle os gastos de desprazamento. No caso contrario estes gastos corren a cargo do alumno.


A escola axudará tamén na busca e, no seu caso, o pagamento dunha praza de gardaría, cando o participante no curso non poida custeala.

Ao longo do curso a academia examinará os progresos do alumno por escrito e ao final realizará unha avaliación coa cal emitirá un certificado de participación no que constarán os obxectivos do curso e os resultados obtidos.

Para máis información, os interesados poderán dirixirse á Oficina Federal de Inmigración e Refuxiados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas