GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Uns cen inmigrantes entran en Melilla nun asalto masivo á fronteira

(26/06/2013)

Uns cen inmigrantes entran en Melilla nun asalto masivo á fronteira

Uns 300 subsaharianos intentaron esta madrugada un novo asalto ao valo

Escrito por:
EFE/a voz
26 de xuño de 2013

Ao redor dun centenar de inmigrantes accedeu hoxe a Melilla nun novo asalto masivo ao valo fronteirizo que estivo protagonizado por uns 300 subsaharianos.

Segundo informaron a Efe fontes policiais, a entrada produciuse pasadas as 4.00 horas de hoxe na zona norte do perímetro, situada entre Mariguari e Rostrogordo.

As forzas de seguridade marroquís, xunto coa Garda Civil, conseguiron repeler a unha parte dos inmigrantes, aínda que outro grupo numeroso conseguiu o seu obxectivo de acceder á cidade autónoma.

O helicóptero da Garda Civil, que dende hai varias semanas se encontra en Melilla para colaborar nas tarefas de vixilancia, sumouse ao dispositivo para axudar a conter os inmigrantes.

Trátase do primeiro asalto masivo das últimas semanas, se ben se rexistraran avistamentos de subsaharianos que non chegaran ao valo, segundo as fontes.

Descoñécese, polo momento, se se produciron feridos.

Dende hai meses, a presión migratoria sobre Melilla é permanente, o que mantén ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado en alerta constante.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas