GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta cre que se manterán os servizos aos emigrantes en Basilea

(25/06/2013)

A Xunta cre que se manterán os servizos aos emigrantes en Basilea

«Hai persoas que necesitan a información e a asistencia do seu ministerio», asegura Feijoo

Feijoo falou onte sobre este asunto, tras o Consello da Xunta, en relación coas xestións que realiza para evitar o peche da axencia consular, «un asunto que lle corresponde ao Estado». Dixo: «É unha cuestión que espero e desexo que o ministro de Asuntos Exteriores teña en conta, dado que hai persoas que necesitan a información e a asistencia do seu ministerio, e se a fórmula é oficina consular ou consulado xeral, xa non me corresponde a min adoptar esa decisión», informa Manuel Cheda, da Redacción de Santiago.

Exteriores asegura que se trata dunha «suspensión de funcións» nunha nota do Consulado Xeral de España do 13 de maio, que corrixía outra dunha semana anterior que falaba de peche. Implica a perda de servizos consulares, laborais e educativos para unhas 10.000 persoas, que deberán desprazarse ata Berna.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2019
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas