GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno modificará a lei de Estranxeiría

(25/06/2013)

O Goberno modificará a lei de Estranxeiría


s.e / abc/ madrid

Día 23/06/2013

O Executivo pretende unificar a lexislación para evitar duplicidades entre administracións en materia inmigratoria


O Goberno de Mariano Rajoy modificará a Lei de Estranxeiría para fixar uns criterios comúns de integración dos inmigrantes en toda España. O Executivo alertou de que se está a producir «unha diverxencia das condicións de acceso» dos estranxeiros non comunitarios aos distintos servizos.
Así o avanza o informe elaborado pola Comisión para a reforma das Administracións Públicas (CORA) que este venres aprobou o Consello de Ministros. Entre outras propostas enfocadas á racionalización e eliminación de duplicidades administrativas, encóntrase a modificación de competencias concorrentes nesta materia entre Estado,CCAA e corporacións locais.

Falta de coordinación
A falta dun marco legal ao respecto derivou nunha ausencia de coordinación e unha confusión entre os tres niveis administrativos. Ben directamente a través da asistencia sanitaria ou a educación, ben a través de subvencións para o desenvolvemento de programas de apoio.

O Tribunal Constitucional, en ocasións, considerou que a integración de inmigrantes non pode encadrarse dentro da política de inmigración e estranxeiría, competencia exclusiva do Estado, posto que o considera tamén unha parte da asistencia social.

O informe elaborado pola CORA avanza que se reformará a Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, co fin de «definir uns criterios comúns de integración dos inmigrantes e determinar o ámbito de actuación de cada unha das diferentes administracións públicas».

Permiso de traballo único
O informe recorda que o Estado ten competencia exclusiva en inmigración, pero que as CC.AA., poden executar a normativa laboral, polo tanto, poden asumir a concesión das autorizacións de traballo. Este marco normativo impide ter unha visión global da política de admisión e introduce duplicidades horizontais entre CC.AA. Deste modo, o Executivo considera prioritario substituír o permiso de traballo por un informe único da autoridade laboral.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas