GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O conto da fama

(19/06/2013)

O conto da fama

foto de Xosé Luis Barreiro Rivas
19 de xuño de 2013  

 

Incluso en Alemaña, a historia de Europa discorre en paralelo aos seus movementos migratorios. Gregos e romanos colonizaron o Mediterráneo. Os bárbaros e os árabes viñeron en grandes ondas. Os turcos chegaron a Viena. Os ingleses espalláronse por todo o mundo. Os españois, alemáns, italianos e irlandeses asentáronse por ducias de millóns en América. Entre 1900 e 1990, di Huntington, 55 millóns de europeos emigraron a calquera parte. As guerras mundiais dispersaron a alemáns, checos, húngaros, polacos e rusos coma se fosen trigo de sementa. Os xudeus non teñen patria. E España, Portugal, Grecia, Italia e Irlanda emigraron por millóns, outra vez, a mediados do século XX.

As migracións son o único mecanismo coñecido para equilibrar as poboacións en termos biolóxicos e económicos. E o seu dramatismo mídese en función do país do que saen, xa que emigrar dun país miserable é unha miseria, e facelo desde un país rico é máis levadío.

Emigrar hoxe desde Galicia a Europa é duro, pero nada semellante ao que foi, porque, non quedando na casa, é o mesmo traballar en Barcelona, Lisboa, Canarias ou Xenebra. O mundo de hoxe está a asistir ao maior reasentamento de poboacións -ricas e pobres- da historia, e esa onda tamén nos vai a salpicar. Por iso debemos gobernarnos con intelixencia, para saber saír e recibir. Porque outra cousa sería como dar coces contra o aguillón.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas