GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de cen familias de Camariñas residen na cidade suíza de Delémont

(19/06/2013)

Máis de cen familias de Camariñas residen na cidade suíza de Delémont

Outro grupo importante de residentes, ao redor de corenta persoas, procede de Matío, un lugar da parroquia de Nande, en Laxe

En Delémont, a capital do cantón de Xura, ao noroeste de Suíza, non lonxe de Francia nin de Alemaña, unha das rúas do centro coñécese como «a de Camariñas». Non porque ese sexa o seu nome real, senón porque desde hai décadas é o destino habitual de veciños deste municipio. E ultimamente, moito máis. Máis de cen familias (de polo menos dous membros) orixinarias das catro parroquias dese concello coruñés asentáronse neste plácido lugar.

O cálculo é case científico, e proporciónano un grupo de veciños que botan contas apelando á súa memoria e coñecemento do lugar, mentres departen sobre a vida e o futuro tomando o aperitivo no bar do centro español, nome moi amplo para o que en realidade é un centro galego, que á súa vez se comprime nunha parroquia máis da Costa da Morte. (unha norma habitual: no centro español Santiago Apóstolo de Liechtenstein tamén son todas da comarca).

Cervexa galega e empanada

O responsable do centro é o vimiancés Francisco Ordóñez, un empresario de éxito (ten máis de 20 empregados na súa empresa de carpintería e inmobiliaria, boa parte deles galegos), aínda que a xestión corresponde a persoas próximas. El mesmo participa no debate que, o domingo, sobre as 12 horas, realizaban os clientes habituais, nun local amplo, coqueto, con terraza, tomando Estrella Galicia e tapas de empanada. É como estar en casa.

Incluso no aparcadoiro exterior hai varios coches con matrícula española. Un deles, do camariñán Diango Álvarez, de 20 anos, chegado hai menos dun ano, ao que agora tamén acompaña a súa noiva, outra das novas emigrantes. E así sempre: case a diario ven caras novas, como recoñece un dos veteranos. Outro grupo importante de residentes (sobre 40 persoas) procede de Matío, un lugar da parroquia de Nande, en Laxe. Entre o grupo, un recentemente chegado. Outro máis.

A uns dous quilómetros atópase a sede da Asociación de Traballadores Españois en Suíza (ATEES), que preside Luis Blanco Rodríguez, camariñán de pura raza. Traballa en Delémont, aínda que vive nun pobo próximo. Leva xa 33 anos na localidade, e non é dos vellos: «A min tróuxome o meu tío, e el xa chegara no 63», explica. Foi dos camariñáns pioneiros, aínda que non sabe cal foi o big bang da elección deste pobo perdido na Suíza real. «Buscaban traballo e viñeron», resume.

O ATTES ten 120 socios, e subindo. Ata hai pouco eran 70. Luis dedica parte do tempo de directivo a atender os numerosos currículos que chegan practicamente a diario e que traslada ás empresas de traballo temporal. «E non só de Galicia, de toda España», apunta.

A presenza galega está en todos os detalles. Só un exemplo: as fiestras do mellor hotel do pobo proceden dun comercio de Zas, transportadas por condutores da zona.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas