GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Contestación política ao peche consular de Basilea

(19/06/2013)

Contestación política ao peche consular de Basilea

 

O anuncio do peche da Axencia Consular de España en Basilea, o cantón suízo onde residen 10.000 emigrantes españois, na súa maioría galegos, provocou unha forte reacción de todos os grupos parlamentarios, coa excepción do PP, que a través de varias iniciativas reclaman á Xunta que tome medidas para evitar o peche de portas dunha oficina na que os residentes en Suíza tramitan asuntos como as pensións, a nacionalidade, o acceso á educación ou os retornos.

A deputada socialista Marisol Soneira rexistrou varias preguntas e proposicións non de lei no Parlamento galego onde alerta que o peche consular, programado para o mes de setembro, deixaría desasistidos aos emigrantes galegos do cantón de Basilea e obrigaríaos a desprazarse ata a veciña Berna, a uns 100 quilómetros, para resolver os seus trámites burocráticos.

En opinión de Soneira, «non parece xusto» que as consecuencias da crise e as dificultades que poida ter o Estado para financiar determinados servizos «recaian sobre os máis afectados», como son os emigrantes. Neste sentido empraza á Xunta a reclamar que Exteriores «reconsidere» a súa decisión sobre a Axencia Consular de Basilea e que calquera decisión sobre a remodelación de servizos consulares teña en conta o número de afectados, a sociología dos mesmos, os novos fluxos migratorios, así como a internacionalización das empresas emprendedoras españolas.

 

Medidas compensatorias

Tamén o grupo Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través do deputado Xabier Ron, rexistrou varias iniciativas no Hórreo relacionadas con esta cuestión, nas que reclama á Xunta que, en caso de levarse a cabo o peche da oficina consular de Basilea, arbítrense «medidas compensatorias» para impedir que miles de emigrantes galegos «queden sen acceso a un axeitado servizo de intermediación social, laboral e administrativo».

Nunha das súas iniciativas rexistradas no Parlamento, AGE tamén pon de relevo que «non podemos aceptar» que se elimine en Basilea a asesoría consular en materia de emprego e asuntos sociais. «Igualmente, tampouco compartimos o peche da agrupación de lingua e cultura castelá» que se ofrece aos residentes españois no estranxeiro.

O BNG valeuse da súa representación no Parlamento galego e no Congreso dos Deputados para rexistrar iniciativas en defensa do servizo consular de Basilea en ambas as Cámaras. A deputada Rosana Pérez subliñou que xa que os galegos están obrigados a emigrar por falta de oportunidades laborais, o Goberno «ten o deber de facilitarlle os trámites».

Puntualiza, ademais, que moitos emigrantes en Basilea son persoas maiores con dificultades para desprazarse a Berna.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas