GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os emigrantes protestan polo recorte de servizos en Basilea

(18/06/2013)

Os emigrantes protestan polo recorte de servizos en Basilea

Foi a primeira mostra do rexeitamento que provoca a medida, que propiciou a creación dunha plataforma moi activa en contra da supresión

A Voz 18 de xuño de 2013


Máis de 300 emigrantes españois concentráronse onte pola tarde fronte á axencia consular de Basilea, para protestar contra o recorte de servizos educativos que carrexará o peche da institución. A medida coincidiu coa visita do conselleiro de Educación da Embaixada de España.

Foi a primeira mostra do rexeitamento que provoca a medida, que propiciou a creación dunha plataforma moi activa en contra da supresión, con recollida de firmas (máis de mil), cartas a todas as altas institucións españolas que teñen algo que ver ou que dicir neste tema e, ademais, organizan unha concentración para o sábado.

A de onte foi unha protesta parcial, para pedir que se manteñan as clases de español e actividades relacionadas coa lingua e a cultura tal e como se levan a cabo ata agora (hai case 600 alumnos), e non as clases semipresenciais ás que obrigaría a supresión da axencia, que tamén leva consigo perda de prestacións laborais e as propias dun consulado.

Raquel Pulido, unha das manifestantes, dixo que ninguén entende o peche, porque «é moi barato» e, ao contrario, orixinará máis gasto e problemas á colectividade española.

Aurora García Bouzada coincide: «Este é o lazo que temos con España, e é algo que nos debe o país».

Espera que o éxito da concentración de onte (non é normal precisamente que haxa manifestacións de emigrantes) se multiplique o sábado.

Entre os asistentes había emigrantes de toda España, pero a maior parte eran da Coruña e Pontevedra.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas