GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ecos do Sur asesorará á poboación emigrante da Agra do Orzán

(17/06/2013)

Ecos do Sur asesorará á poboación emigrante da Agra do Orzán

O Concello coruñés e a ONG asinaron un acordo de colaboración dentro do programa Urbana C

Autor:
Rodri García
Localidade:
A Coruña / a voz
Data

Visto e prace do Goberno municipal ao convenio con Ecos do Sur para que esta ONG asesore e informe aos inmigrantes da Agra do Orzán. Ademais tratará de promover a súa integración laboral dentro do plan Urbana C, que está financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.

Fuentes municipais indicaron que esta actuación forma parte dunha estratexia coa que pretende «crear espazos comúns de intercambio de experiencias, recursos e iniciativas para todas as persoas que viven no barrio, xa que se trata da zona da cidade na que conviven máis nacionalidades e dun espazo cunha elevada densidade demográfica: viven un de cada dez coruñeses e no propio barrio 1 de cada 10 residentes son inmigrantes».

O acordo municipal con Ecos do Sur ten como a súa principal finalidade «o desenvolvemento de accións de dinamización sociocultural, itinerarios personalizados de inserción social e laboral, iniciativas emprendedoras, asesoramento social, mediación intercultural e apoio psicolóxico na zona da Agra do Orzán», indican desde o Concello coruñés.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas