GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A inmigración en España creceu un 500% nos últimos dez anos

(17/06/2013)

A inmigración en España creceu un 500% nos últimos dez anos

laura casado / ABC / madrid

Día 15/06/2013 -

Un estudo presentado pola FIIAPP en Casa Árabe pon de relevo as correntes migratorias entre España e África, así como as súas políticas comúns

La inmigración en España ha crecido un 500% en los últimos diez años

Fiiapp
Imaxe antes de comezar o relatorio, cos Embaixadores de Cabo Verde,Costa de Marfil, Marrocos e Senegal, membros do Ministerio de Exteriores e o presidente da FIIAPP

Dado que as estruturas demográficas están a cambiar, a FIIAPP (A Fundación Internacional e para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas) elaborou un estudo sobre as migracións e desenvolvemento en África. A pesar de que, segundo o relator José Manuel Albares, Subdirector Xeral de África subsahariana do Ministerio de Asuntos Exteriores, a inmigración en España creceu un 500% nos últimos dez anos, tamén afirmou que o índice é maior aínda nas migracións internas que se producen no propio continente.

O estudo revelou que, só o 20% da poboación mundial conta coa protección social adecuada no momento de emigrar a outro país. Por iso, a FIIAPP puxo de relevo os desafíos de Cabo Verde, Costa de Marfil, Marrocos e Senegal en relación ás políticas públicas migratorias.

Unha mirada xeral
En 2011, a poboación mundial cifrouse en 7 mil millóns de habitantes. Xa nos anos noventa aumentara catro veces e parece seguir crecendo exponencialmente, pero non de xeito uniforme. Por un lado a pirámide dos países desenvolvidos envellece rapidamente, aumentou a esperanza de vida e diminuíu considerablemente a natalidade. Non obstante, a incrible explosión demográfica dos países emerxentes deu un grande empuxón á natalidade mundial, aínda que só sexa nalgunhas regiones.Todo iso ocasiona un aumento considerable das migracións, que ascenden xa a 200 millóns de persoas, sendo no Século XXI unha tendencia á alza, e unha cifra nada desprezable que pode afectar máis do que se considera ás estruturas demográficas.

Neste contexto, e centrando o foco en España, segundo o estudo presentado este martes pola FIIAPP, en 2001 había no noso país ao redor de 1 millón de inmigrantes. A día de hoxe, máis de 6 millóns de estranxeiros deixaron o seu lugar de orixe para encontrar «unha vida mellor» no noso país, aínda que durante a crise esta tendencia se viu resentida. España pasou de ser un país de emigración a ser un dos países con maior índice de recepción de inmigrantes. Ao mesmo tempo, a poboación española envellece a pasos axigantados, diminuíndo á súa vez a natalidade, que recibe un sopro de aire fresco cos nacementos de inmigrantes, na súa maioría iberoamericanos e africanos.

Pero, están ben integrados as remesas de emigrantes nos países de destino?¿Qué pasa cos inmigrantes que deciden regresar ao seu país de orixe? Conscientes deste fenómeno, a Fundación leva a cabo unha serie recomendacións e orientacións para apoiar as políticas de migracións tanto no país de orixe coma en España e asegurar así os dereitos dos emigrantes, sexa cual sexa a súa situación.

No seo da presentación deste estudo, José Manuel Albares, Subdirector Xeral de África subsahariana do Ministerio de Asuntos Exteriores, puxo de relevo a importancia á hora de adaptarnos aos novos esquemas e realidade. Así afirmaba: «África sempre nos pareceu afastada e non nos damos conta de que xeograficamente somos países veciños. A nosa axenda común é cada vez máis intensa e sen o esforzo conxunto é imposible un resultado do traballo verdadeiramente positivo». A política de cooperación española abriuse a África, conscientes desta realidade, e está centrada en África occidental, onde por sectores o terrorismo, a pirataría e o tráfico ilegal, especialmente de persoas, supoñen unha eiva ao desenvolvemento destes países e ao dos seus habitantes.

Colaboración estreita
Á luz destes datos, é evidente que África debe estar máis presente que nunca nas políticas de migración españolas. Sobre iso, Diego Nuño, Subdirector Xeral de Asuntos Migratorios do Ministerio de Asuntos Exteriores, confirmaba a necesidade de establecer políticas de inmigración comúns entre España e África.

Non obstante, non hai establecida unha liña clara entre as competencias exclusivas dos países, as da Unión Europea e as compartidas. A pesar deste «limbo xurídico», Europa é consciente da importancia diso, por iso a Comsión Europea ten cada vez un papel máis decisivo.

Para concluír, Marzia Cardinali, a coordinadora do estudo, resumía así a principal idea que o inspirou: «Os emigrantes son, polo tanto, fonte de valor, comercio e investimentos, así como de coñecementos e de transferencia de tecnoloxía. Sen lugar a dúbida, os emigrantes internacionais son un importante motor de desenvolvemento dos países de orixe, de aí a necesidade de contar con políticas públicas que permitan maximizar o impacto positivo da migración»

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas