GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Suíza rodeada de areas movedizas

(17/06/2013)

Suíza rodeada de areas movedizas

A próspera nación alpina teme a crise europea e dificulta a inmigración. Unha semana atrás, os suízos en referendum aprobaron un endurecemento das condicións de asilo.

 


FOTO

A nación helvética restrinxe inmigración por temor a propagación da crise da UE. Foto: Arquivo El País

Ana Carbajosa | El País de Madrid

Nos vagóns de primeira clase non hai nin un asento libre. Son as sete da mañá dun xoves no tren que une Zürich, o centro financeiro suízo, con Berna, a capital. En case calquera país esta sería a imaxe dun tren cheo, sen máis. En Suíza non. Nesta illa de prosperidade europea, os trens e os atoamentos nalgunhas estradas convertéronse para moitos suízos en claros síntomas de que algo falla, de que as costuras do Estado de benestar se forzan máis da conta. Senten, en definitiva, que neste pequeno país non hai sitio para todos e que, polo tanto, chegou o momento de poñer orde nas fronteiras. É un discurso que se escoita na rúa, pero tamén nos despachos oficiais, onde se fan agora eco dunha axenda política coa que machuca dende hai anos a extrema dereita.

Podía ter sido máis restritivo. Podemos convivir con esta medida. Só durará un ano. A gran cuestión é que vai pasar nos próximos meses, nas próximas votacións en contra da inmigración. O noso mercado laboral non é pequeno, non abonda para que funcione a nosa economía', estima Daum. As grandes farmacéuticas, a banca, e a produción de maquinaria para exportación, principais piares da economía, simplemente non funcionarían sen os que veñen de fóra.

Os suízos avalaron o domingo en referendo cunha ampla maioría (79%) un endurecemento da súa lei de asilo. Suíza foi tradicionalmente un país moi xeneroso á hora de acoller refuxiados políticos en comparación cos países da UE.

O referendo celebrado o domingo é só un paso nunha batería de iniciativas coas que a clase política trata de dar resposta á crecente ansiedade cidadá. A medida máis soada e a que enfadou a Bruxelas foi a activación da chamada cláusula de salvagarda, pola que Suíza restrinxiu os permisos de longa duración dos traballadores da Unión Europea, incluídos os españois. Nos próximos 18 meses, ata tres referendos decidirán sobre a entrada de estranxeiros no país e contribuirán a redefinir a identidade dun país no que os inmigrantes (23,3% da poboación, a maioría deles europeos, cos alemáns á cabeza) foron historicamente o motor da economía.

O da cláusula de salvagarda foi máis unha medida simbólica que outra cousa. Afectará a apenas 3.000 traballadores da UE, que en calquera caso poderán solicitar un permiso de curta duración ata que expire a restrición o ano que vén. Pero a realidade, os datos, son case o de menos. Porque o que estes días dita os impulsos políticos en Suíza son sobre todo os medos e as percepcións, tanto ou máis reais, por outra parte, que a propia realidade. Tratábase, como recoñecen os propios gobernantes, de calmar á poboación e de demostrar que son capaces de decidir sobre o rumbo do país, é dicir, de tomar decisións para controlar a entrada e saída de traballadores, mesmo en contra de Bruxelas.

Un oasis

Os apuros financeiros dos países da Unión contribuíron en boa medida a exacerbar os medos. O tormentón que aumenta con forza no resto de Europa volveu pasar de longo por Suíza, onde a economía vai ben -previsión de crecemento do 1,2%-, o paro resulta case insignificante -preto do 3%-, e o exercicio da súa particular democracia directa aínda lles garante unha estabilidade política envexable. Conscientes do frío que fai fóra das súas fronteiras, boa parte da sociedade suíza teme que hordas de traballadores estranxeiros máis ou menos cualificados veñan a estragarlles a festa. É lóxico, explican, que se os seus países non van ben, queiran vir ao noso. O son da rúa confirma algunha desas teses. Os idiomas estranxeiros confúndense nas cidades suízas. O español, como o de Juan Crevillén, escóitase con moita frecuencia.

Crevillén é un novo arquitecto que traballa nun estudo de Zürich dende hai dous anos. Antes, probou sorte en Londres, onde acabou fregando pisos. 'Cando me ofreceron vir aquí, non o dubidei'. Aquí gaña uns 3.000 euros netos ao mes, pero advirte aos que estean a pensar en emigrar que a vida é moito máis cara en Suíza. 'É duro, pero os españois botámonos unha man entre nós'.

A patronal suíza non quere restricións de entrada. Para eles, canto máis competencia, mellor. Thomas Daum, director da Unión Patronal Suíza, sostén que 2014 será un ano clave, no que coas súas votacións os suízos redefinirán a súa identidade. Daum considera que o peor está por vir e que a activación da cláusula de salvagarda foi un mal menor.

Os inmigrantes

Os grandes argumentos que airean os que piden limitar a entrada de estranxeiros desmóntanse dun plumazo. Os trens non van cheos porque haxa máis xente, senón en parte, porque o servizo mellorou, é máis rápido e iso fixo que máis suízos o elixan como medio de transporte. Que a presenza de estranxeiros propicie o dúmping social, é dicir, a caída dos salarios, é algo que a patronal nega e que os sindicatos consideran que, de suceder, debería solucionarse con máis inspeccións e respecto da lei. E que haxa máis criminalidade -os suízos xa non deixan aberta a porta de ás súas casas como antes- é posible. Resulta non obstante que é nas zonas rurais, onde non hai apenas roubos ou ataques, onde o discurso do estranxeiro perigoso arrasa, o que demostra unha vez máis o poder da percepción fronte ao da realidade.

É precisamente fóra das cidades onde triunfa a extrema dereita populista, a maior forza no Parlamento e probablemente a principal responsable de que o debate migratorio cope nos últimos tempos xunto co fin do segredo bancario a axenda política en Suíza.

Si é certo, que a poboación suíza aumentou en varias decenas de miles de persoas cada ano nun país de apenas oito millóns de habitantes e que algunhas infraestruturas non se adecuaron á poboación. 'Houbo un crecemento demográfico importante nos pulmóns económicos do país, que por exemplo non se acompañou dunha política inmobiliaria e subiron os prezos dos apartamentos. Diso tamén se culpa os estranxeiros', apunta Cesla Amarelle, profesora de dereito migratorio da universidade de Neuchtel e parlamentaria. 'Os políticos non se decataron' de que o crecemento ten que ir acompañado de melloras das infraestruturas. Hai xente que viaxa de pé nos trens e iso nunca se vira en Suíza'. No tren de regreso a Zürich hai asentos libres nos vagóns. Xa non é hora punta.

"Tivemos unha inmigración moi alta"

Yves Rossier, Secretario de Estado de Exteriores, prefire tratar de comprender as grandes correntes e os sentimentos que afloran na sociedade suíza. Cre que os suízos se senten ameazados; coma se vivisen nunha illa rodeada de areas movedizas. Que tratan de protexerse e de pelexar por manter o seu particular sistema político e a súa estabilidade económica.

-Limitaron a entrada de traballadores da UE. A medida afecta a moi poucos, non obstante, provocaron o enfado de Bruxelas. Por que o fixeron?

-Foi unha decisión política. Hai que ter en conta o contexto. A situación financeira de Europa, o paro xuvenil na Unión... son temas que están ao pé da rúa en Suíza. Estamos metidos de cheo neste debate. A fronteira suíza crúzase 1,5 millón de veces ao día. Sentímonos no medio.

-Pero a súa economía vai ben.

-Si, pero tivemos unha inmigración moi alta nos últimos anos. A poboación volveuse máis contraria á inmigración debido á crise en Europa. A xente teme a chegada masiva de traballadores da UE. Senten unha presión sobre os seus salarios.

-Si, pero as cifras indican que esa presión non é real.

-En política, as percepcións pesan tanto como as realidades e a xente sente que en Suíza camiñamos nunha dirección equivocada, que estamos a perder o control sobre as nosas vidas. En Suíza, a maioría dos impostos quedan no municipio, a xente vota en democracia directa. Queren sentir que eles controlan ao Estado e non ao revés. É o único que nos une, a cultura política e se cremos que está en perigo, sentímonos ameazados. Para nós é unha cuestión existencial.

SATISFEITOS

Suíza votou o domingo pasado por democracia con equilibrio ao frear a iniciativa que buscaba a elección directa dos sete membros do Consello Federal, o Executivo helvético. Un modo de dicir 'non' a campañas electorais custosas e permanentes, como acontece noutros países e de novo, Suíza endurece o dereito ao asilo. Malia que o pobo podía terse outorgado con este voto un dereito máis -o de elixir directamente os seus dirixentes principais- decidiu deixar en mans do Lexislativo esta tarefa, tal e como acontece dende 1848, cando se constituíu a Confederación Helvética. Os maiores de 18 anos que se pronunciaron marcaron o 'Non' no seu boleto para impedir a elección cidadá do Executivo, con 76,3% de votos en contra.

"Visiblemente, os cidadáns helvéticos están satisfeitos do sistema e non ven o interese de cambiar", afirma o politólogo Pascal Sciarini, sobre o apoio a esta iniciativa cuxo precursor foi o Partido Popular ou Unión Democrática de Centro (UDC), o máis forte no país, pero que esta vez só obtivo eco en 2 de cada dez votantes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas