GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Dos minaretes aos galegos

(17/06/2013)

Dos minaretes aos galegos

Autor:
Miguel A. Murado / a voz
Data
17/6/2013

Cando no 2009 os suízos votaron en referendo a prohibición de construír minaretes, moitas persoas de ideoloxía progresista e liberal no resto de Europa mostráronse de acordo coa medida. Moitos escandalízanse agora polo anuncio de cotas á inmigración, ou máis ben porque esas cotas afectan aos países da UE. Pero, pénsese o que se pense dunha ou outra medida, o feito é que entre ambas hai unha continuidade implacable. Dos minaretes pasouse a outro referendo para limitar o dereito de asilo e a este segue agora o seguinte paso: esoutros referendos que se propoñen limitar a inmigración cunha cota relativa ao aumento da poboación. O argumento é o mesmo: a protección dos valores da cultura suíza. Non é que os inmigrantes compitan polo traballo cos suízos (o paro non pasa do 3 por cento) nin que sexan unha carga para a seguridade social (achegan o 1,9 do PIB en impostos, con Luxemburgo a taxa máis alta da OCDE), é, desde o seu punto de vista, que unha poboación estranxeira que pasa do 25 por cento non pode integrarse eficazmente.

O 25 por cento é onde algúns antropólogos identificaron unha barreira psicolóxica, traspasada a cal se dispara a xenofobia. Esta adoita xurdir na dereita do espectro político, e así foi en Suíza, onde o Partido Popular Suízo (PPS) capitalizouna inicialmente. Pero en Suíza dáse o mesmo fenómeno xa observado en países como Holanda, onde o discurso xenófobo se alimenta tamén de argumentos progresistas. Son os partidos liberais os que aplicaron hai unhas semanas unha cota provisional á inmigración e, significativamente, un dos dous referendos que intentarán fixar unha cota máis restritiva e definitiva promóveno os ecoloxistas, cun discurso de protección do medio ambiente pero propostas idénticas ás do PPS. As sondaxes detectan xa un 75 por cento de votos favorables.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas