GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Terceira onda de emigrantes galegos a Suíza

(17/06/2013)

Terceira onda de emigrantes galegos a Suíza

A crise empuxa a ese país a miles de galegos a pesar das restricións e a escaseza de traballo

Autor:
La Voz en Suíza s. g. rial
Data
16/6/2013

Suíza está a recibir a terceira gran onda de emigrantes galegos no medio século de relación permanente e decenas de persoas chegan desde Galicia todos os días. Con cantidades desde logo moi inferiores ás dos anos fortes, pero como fenómeno social de gran intensidade e calado, insólito incluso. Certo que durante anos os fluxos foron constantes, con altibaixos, pero tras aquel bum de finais dos sesenta e principios dos setenta, por unha banda, e  mediados dos oitenta, por outra, desde hai un ano están a producirse chegadas constantes, que se contan por centenares, desde logo miles en poucos meses, un asombroso repunte que aínda non figura nas estatísticas oficiais e que contrasta co fenómeno do retorno de finais da década pasada.

Pero as cousas xa non son o que eran. Hai casos con final feliz e outros co camiño de volta sen ter logrado nada. E, sobre todo, Suíza acaba de pór limitacións durante un ano aos contratos de traballo de nacionais da UE (os interiores seguen como estaban) e a oferta laboral non é a que había entón: non hai traballo para todos.

Unha visita aos bares nos que paran os galegos por numerosas localidades helvéticas recorda á febre da construción que se vivía en Forteventura fai unha ducia de anos. Aparecen caras novas, reaparecen aquelas que xa pasaron anos e decidiron coller a maleta de novo en busca de traballo, ante a falta de posibilidades en Galicia. Moitos retornan de Canarias, precisamente; outros, de Arán (Lérida). A maioría, de casa. Algúns chegan con contactos, outros co traballo buscado, unha parte pasan meses picando aquí e alí e non sae nada.

Os autocares que chegan e saen da estación de Xenebra, á beira da oficina ben visible de Caixa Galicia, preto da de trens de Cornavin (pola que durante anos entraban os pais e avós dos actuais emigrantes) notaron ese incremento, contan desde a empresa Alsa e un dos seus condutores. Por 160 euros, Galicia-Suíza.

Tamén os taxis traballan sen parar por un prezo similar en cada viaxe, como o de Jaime Martínez González, de Cee, que onte pola tarde tomaba a testemuña do seu fillo en Delémont, que acababa de chegar da Costa da Morte con catro viaxeiros. Dous deles seguían cara a Liechtenstein. E así todas as semanas, desde hai 27 anos. «Vén tanta xente ultimamente coma nos oitenta», explica, e a. lado asente Luis Blanco Rodríguez, presidente da Asociación de Traballadores Españois en Suíza, que mostra no seu despacho os currículos que recibe. E como el, outros centros e ata calquera bar ou restaurante no que apareza por fóra unha bandeira de España ou de Galicia. «Entran, deixan os papeis, preguntan se hai algo e vanse», conta un empregado coruñés do restaurante Cavaña de Berna.

Hai solidariedade, pero tampouco é o que era. «Hai anos, se un galego tiña 20 francos, todos tiñan 20 francos. Pero iso foi desaparecendo por egoísmo», sinala Eduardo Castro, de Tordoia, chegado no 76.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas