GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Varios galegos relatan a súa experiencia na súa chegada a Suíza. Todos teñen traballo

(17/06/2013)

«Polo menos aquí os cartos son reais»

Varios galegos relatan a súa experiencia na súa chegada a Suíza. Todos teñen traballo

Autor:
La Voz en Suíza santiago
garrido Data
17/6/2013

«Tiven que pedir cartos para vir para aquí, arranquei e agora xa os devolvín». Quien así se expresa es Siro Lema Serrano, un electricista de Carballo, de 30 años, que cuenta su historia en un apartamento de Ginebra en el que vive solo. Nada que ver con sus inicios hace poco más de un año, cuando llegó, cansado de estar parado dos años «e patear moitos polígonos de Galicia» e moi asustado ante o risco de ter que vivir dos seus pais. Un amigo faloulle da posibilidade de traballar en Xenebra no mantemento das vías de tren. «Vin moito á aventura, pero é que alá non arranxaba nada. Estiven moitos meses en Suíza sen contrato, cobrando en negro. Non foi nada fácil, custoume moito adaptarme».

 

Perseveranza

Pero a perseveranza (memorizaba as nomes das ferramentas en francés, un idioma que aínda non fala, aínda que está a aprender...) foron dando o seu froito e hoxe xa gaña para ir tirando. «Hoxe respiro, podo mercar uns pantalóns e non quero en pensar en construír unha casa desas que hai que facer cando se vai de volta». O soldo non lle dá para moitos luxos e máis do 75 % vaise en gastos necesarios (impostos, garaxe, seguro, comer, a vivenda). «Pero polo menos aquí os cartos son reais porque en España son ficticios e ademais os suízos valórante moito, se traballas ben, ademais de pagarche danche as grazas», di. Lema asegura que se nada cambia, quedará aquí. Algo que non poderá facer o seu compañeiro de piso nos últimos dous meses, Alberto. Aos seus 33 anos [non quixo dar máis datos] relata a dureza da súa experiencia como emigrante: «Farteime de mirar por empresas de traballo temporal, empresas galegas, fun a Xenebra e a outras cidades, e non conseguín nada». Soldador de profesión, valíalle calquera traballo. Con todo, o descoñecemento do idioma e as escasas ofertas levárono de novo de regreso á súa terra.

Ese camiño de volta -de revolta- é o que seguiu Manuel Cornide Vázquez, de 47 anos, toda a súa vida. Aos 13 emigrou desde Berdillo, Carballo, a Berna, onde estivo ata os 30. A esta idade volveuse a Galicia, pero a falta de traballo levouno a el e á súa muller, Margarita , a Forteventura, onde estivo ata os 37 anos. A crise que azoutou á illa afortunada provocou que de novo tivese que volverse á capital suíza hai un ano. Hoxe traballa na construción, aínda que estes días está de baixa, e xa non quere regresar. «Quérolle máis a Suíza que a Galicia», afirma. En setembro reunirase con el a súa muller, que segue en Forteventura. Ten dous fillos estudando, un en Madrid, e outra, nas Palmas. «Eu pillei todas as crises, pero vin contentísimo de volta, excepto por ter a familia lonxe».

Tamén esperan traer á súa familia, muller e tres fillos, Manuel Caamaño Martínez, de Cuns, Coristanco. El chegou a Berna fai uns tres meses e tamén o seu irmán Javier. Os dous xa traballaran no país helvético case vinte anos, contan apoiados na barra do bar do Centro Galego de Berna. Manuel e Javier están contentos, porque «a situación en Galicia é terrible» e «aquí -din - polo menos hai futuro». Curiosamente no idioma suízo, que é o que fala a maioría na zona alemá, os verbos non se conxugan en tempo futuro. Mirando ao horizonte atópanse Santiago Castro, de Castrelo (Cambados); Carlos López González, da Peroxa, e Delia López, da Laracha. O primeiro chegou o 8 de abril, aínda que el xa estivera durante 14 anos, sempre como temporero. Na actualidade, traballa no mantemento de vías públicas de Berna, pero non lle resultou fácil atopar emprego. Ás limitacións dos permisos, hai que engadir que «a policía vixía moito que todo o mundo estea en regra». Unhas circunstancias que lle impediron traerse con el aos seus dous fillos e a un veciño. A súa gran sorte é que domina o alemán porque é fillo de emigrantes nese país.

 

«Aquí vívese»

En Xenebra, o municipio de Cerceda conta cun centro que funciona case como unha embaixada de información para moitos galegos. Alí Carlos López, carpinteiro de 37 anos, chegou hai un ano «sen nada, sen falar, con 3.000 euros no peto, sen coñecer a ninguén e pasando moitos días deixando currículos», explica, xa relaxado, mentres xoga a partida de tute: «Aquí vívese, pódese ir tirando». A uns metros del, Delia López, de 42 anos, atende aos clientes na barra. Chegou a Xenebra hai un ano, grazas ao contacto dunha amiga: «Era autónoma, a cousa púxose mal e tiven que marchar». O seu xefe encomia o ben que traballa, mentres ela serve os petiscos aos clientes habituais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas