GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Un estudo anima os países africanos a asinar convenios de inmigración cos países de destino

(14/06/2013)

Un estudo anima os países africanos a asinar convenios de inmigración cos países de destino


Considera que a falta destes acordos dificulta o acceso á protección social dos expatriados africanos

MADRID, 12 Xuño (EUROPA PRESS) -

Os países de África Occidental emisores de inmigrantes deberían ratificar convenios internacionais na materia para poder "negociar cos países de destino" mellores condicións de vida para estes, de acordo cun estudo realizado polo Centro de Studi dei Politica Internazionale (CeSPI) presentado este mércores en Madrid pola súa coordinadora, Marzia Cardinali.

O estudo, que se enmarca no proxecto Migración e Desenvolvemento na ruta Migratoria de África Occidental (MeDAO, polas súas siglas en italiano), céntrase concretamente en catro países, Costa de Marfil, Cabo Verde, Marrocos e Senegal, aos que se recomenda seguir por esta senda co obxectivo de avanzar nas súas políticas migratorias.

Así, aconséllase centrarse na mellor administración dos recursos económicos xerados polas migracións, a garantía da protección social, a formación e o emprego e o mantemento do vínculo entre o emigrante e o seu país de orixe.

O diñeiro que entrou en 2010 nos países en desenvolvemento alcanzou o 10% do PIB nalgúns casos. Neste sentido, o estudo recomenda aos países africanos implementar políticas para "canalizar ese potencial financeiro" establecendo vínculos entre a migración e o sistema de emprego do país de acollida, e para facilitar a creación de pequenas empresas por parte dos expatriados, segundo Cardinali.

Así mesmo, recordou a importancia da negociación de convenios bilaterais cos países de destino en relación ao acceso á protección social, xa que este reflicte o nivel de desenvolvemento económico do país. Segundo os datos do informe, "só o 20% da poboación mundial ten unha protección social axeitada", e os países en desenvolvemento son os que teñen maior dificultade de acceso.

Este ademais está xeralmente vinculado a requisitos do país de destino como a residencia ou a nacionalidade", por iso é necesaria a negociación de convenios, defendeu. "Senegal ten un pacto con Francia, non obstante non asinou nada con España a pesar do alto número de senegaleses que entran no país", engadiu.

COOPERACIÓN ESPAÑOLA
O subdirector xeral de Asuntos Migratorios do Ministerio de Exteriores, Diego Nuño, manifestou o interese do Goberno español na colaboración cos países de orixe "para xestionar mellor os fluxos de migración".

A prioridade que supón para España a cooperación en África céntrase, sobre todo, na posibilidade de loitar conxuntamente contra "o tráfico ilícito de persoas, o terrorismo ou os problemas que xera a migración irregular", puntualizou José Manuel Albares, subdirector xeral de Exteriores para África Subsahariana, para quen este "fenómeno necesita unha resposta axeitada".

O proxecto MeDAO está liderado pola Fundación Internacional para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas (FIIAPP) e conta con financiamento da UE. O estudo presentado en Madrid é unha comparación dos desafíos e prioridades aos que se enfrontan as administracións públicas dos catro países citados en materia de migración e desenvolvemento.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas