GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes achegan medio punto do pib ás arcas públicas

(14/06/2013)

Os inmigrantes achegan medio punto do pib ás arcas públicas

lainformacion.com

xoves, 13/06/13 -

-Segundo un informe da OCDE


MADRID, 13 (SERVIMEDIA)

O saldo fiscal neto dos inmigrantes en España representa o 0,54% do PIB, o que supón uns 5.500 millóns de euros para as arcas públicas, segundo o International Migration Outlook 2013 publicado este xoves pola OCDE.
O informe explica que o impacto fiscal da inmigración en España, é dicir, a diferenza entre as achegas vía impostos e cotizacións á Seguridade Social destas persoas e o gasto en servizos públicos, beneficios sociais e pensións, bota un resultado positivo que representa algo máis de medio punto do PIB.
O impacto fiscal, segundo os datos medios recollidos entre 2007 e 2009 pola OCDE, sitúa o saldo positivo en España por enriba da media dos países máis desenvolvidos, que é do 0,35% do PIB.
Os países cun maior saldo positivo son Luxemburgo (2,02%) e Suíza (1,95%), mentres que o que sofre o impacto negativo máis pronunciado é Alemaña co 1,13%.
O informe da OCDE engade que o saldo positivo en España sen ter en conta o sistema de pensións, é dicir, sen as cotizacións sociais nin o pagamento das prestacións, se sitúa no 0,21% do PIB. É dicir, que o saldo relacionado coas pensións supón 0,33 puntos porcentuais do PIB.
De feito, sen contar con estas partidas, o impacto fiscal dos inmigrantes na arcas públicas españolas é inferior á media da OCDE, que se sitúa no 0,57% do PIB.
Pola súa banda, o informe tamén destaca que o fluxo de chegada de inmigrantes a España continuou caendo ao longo de 2011, ata totalizar 416.000, un 3,5% menos con respecto a 2010 e un 55% por debaixo do máximo alcanzado en 2007 (920.000 chegadas).
Así, o número de residentes estranxeiros en España con permiso alcanzou os 5,4 millóns ata o pasado mes de setembro de 2012, un 3,1% máis con respecto ao mesmo período do ano precedente.
O informe tamén mostra que un terzo dos españois que emigra á principal economía da UE (Alemaña) volve poucos anos despois ao seu país de orixe ao non ver cumpridas as súas expectativas.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas