GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Brasil quere estimular a chegada de profesionais estranxeiros cualificados

(13/06/2013)

Brasil quere estimular a chegada de profesionais estranxeiros cualificados

A nova política migratoria contribuirá a eliminar as barreiras actuais

Escrito por:
EFE/A voz
13 de xuño de 2013

Brasil quere estimular a chegada de profesionais estranxeiros cualificados mediante a implementación dunha nova política migratoria que contribúa a eliminar as barreiras actuais, segundo anunciou hoxe en Sao Paulo o secretario interino de Asuntos Estratéxicos da Presidencia, Marcelo Neri.

Nun encontro na Federación de Industrias do Estado de Sao Paulo (FIESP), promovido pola Cámara Oficial Española de Comercio en Brasil e a Eurocámaras, Neri reuniuse con empresarios interesados en traer para o territorio brasileiro man de obra especializada.

Neri, tamén presidente do estatal Instituto de Pescuda Económica Aplicada (Ipea), presentou a proposta que pretende facilitar e incentivar a entrada de traballadores estranxeiros e está a ser discutida cos ministerios de Xustiza, Relacións Exteriores e Traballo.

«A idea que temos é a de atraer talentos e persoas de alta cualificación a Brasil», explicou Neri.

O Goberno brasileiro entende que a ampliación do número de traballadores estranxeiros cualificados en Brasil traerá unha serie de vantaxes, como as de eliminar os baleiros da man de obra, o que permitirá mellorar os niveis de produción e profesionalización, ademais de facilitar a incorporación de tecnoloxías e innovación.

Este ano, Brasil deu inicio a unha serie de axustes para facilitar a entrada e permanencia de inmigrantes, en particular co permiso para traballar dos estudantes de postgrao.

Tres medidas

As tres medidas do Consello Nacional de Inmigración (CNIg) son reducir o número de documentos esixidos para a concesión de visas, autorizar o envío de documentos por internet e permitir que as solicitudes sexan analizadas antes de presentalas en tradución xuramentada.

Ademais, Brasil creou un rexistro electrónico de empresas e persoas físicas que contratan estranxeiros, para evitar que teñan sempre que presentar a mesma documentación en cada novo caso.

Os estudantes de posgrao estranxeiros que cursan as súas carreiras no exterior poden obter unha visa temporal de traballo por noventa días para realizar traballos con empresas brasileiras durante as súas vacacións académicas.

A pesar das barreiras, Neri sinalou que o número de estranxeiros que queren traballar en Brasil aumentou nos últimos anos e no caso dos españois esa porcentaxe subiu do 8% ao 15% entre 2009 e 2012.

Segundo Neri, existe un respaldo dos Gobernos de España e Portugal para enviar talentos dos seus países a que continúen o seu desenvolvemento profesional en Brasil.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas