GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A exposición 'Luces de Alén Mar' amplía e revisa o seu catálogo

(11/06/2013)

A exposición 'Luces de Alén Mar' amplía e revisa o seu catálogo

Redacción, Santiago |Cronicas de la Emigración| 10 Xuño 2013 -

A exposición 'Luces de Alén Mar', que permanecerá aberta no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) de Santiago ata o próximo 28 de xuño, ampliou e revisou o seu catálogo. Xa se pode consultar o catálogo desta mostra que dá conta da pegada dos emigrantes galegos no ámbito educativo en Galicia, dispoñendo dunha selección bibliográfica e de textos ilustrativos reproducidos de diversas fontes.

O Consello dá Cultura Galega (CCG), coa colaboración e axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta, leva a cabo iniciativas de investigación e recuperación sobre a emigración galega en América. Isto fixo posible, entre outros proxectos, a catalogación das construcións escolares financiadas polos emigrantes nas catro provincias galegas e, tamén, a exposición presentada.

'Luces de alén mar. Ás escolas de americanos en Galicia' consta de 41 paneis temáticos e abundantes materiais orixinais -como traballos de alumnos e alumnas, estatutos, regulamentos, libros de actas ou planos das escolas-, que permiten reconstruír e interpretar o enorme labor educativo e cultural realizado a favor do desenvolvemento social e do progreso de Galicia dende o outro lado do Atlántico.

'Luces de alén mar' conmemora, por unha parte, a efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América, e, por outra, as súas realizacións académicas e frutíferas realidades nas localidades de procedencia dos emigrantes. Trátase, polo tanto, dunha mostra itinerante que expón e explica o compromiso das sociedades de emigrantes galegos coa instrución na súa terra de orixe. Neste sentido, recordar que varios centenares de escolas foron construídas nas décadas finais do século XIX e no primeiro terzo do século XX grazas á multitude de iniciativas de intervención escolar mancomunada que xerminaron neste período.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas