GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A diáspora en Suíza homenaxeou a Pedro Hombre

(11/06/2013)

A diáspora en Suíza homenaxeou a Pedro Hombre

Redacción, Santiago |Cronicas da Emigración |10 Xuño 2013 -


Un momento de la intervención de Ildefonso de la Campa.

Un momento da intervención de Ildefonso de la Campa.

Os socios dos centros galegos en Suíza celebraron este fin de semana unha merecida homenaxe a Pedro Hombre e a súa muller, un dos matrimonios con máis presenza nas actividades desenvolvidas pola diáspora galega nos últimos anos na Confederación Helvética.

Con esta iniciativa, organizada pola secretaria do Centro Galego de Zug, e que tivo lugar na sede social desta entidade, as comunidades galegas no país centroeuropeo quixeron mostrar o seu recoñecemento e cariño na despedida desta parella, que decidiu retornar á súa localidade de nacemento, Malpica de Bergantiños.

Por parte de Emigración da Xunta, a iniciativa contou coa participación do xefe de Gabinete da Secretaría Xeral, Ildefonso De la Campa, quen transmitiu aos homenaxeados toda a gratitude do pobo galego e o saúdo institucional do titular do departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, presente nese momento nunha celebración da diáspora en Andorra.



Presenza galega e sociedade de adopción

Segundo os datos do INE a xaneiro de 2012, a colonia de persoas nadas en Galicia e actualmente residentes na Confederación Helvética ascendía a 37.000, dato que convertía a Suíza no primeiro país europeo con maior número de residentes galegos e o quinto no mundo, cun 8'35 por cento do total da diáspora no Exterior.

A colonia de cidadáns nados en Galicia conseguiu no país centroeuropeo unha moi relevante integración social, cultural, e mesmo política, tendo agora a diáspora galega un moi alto nivel de consideración por parte da poboación autóctona.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Agosto 2019
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas