GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Europa máis rica choca con Bruxelas pola inmigración

(10/06/2013)

A Europa máis rica choca con Bruxelas pola inmigración

Alemaña lidera a petición de límites á libre circulación de persoas

Lucía Abellán Bruselas/ El Pais/ 7 XUÑO 2013 -

Familias romaníes chegan a un centro de acollida de Belfast. / cathal mcnaughton

A inmigración europea xera "considerables custos adicionais, especialmente en escolas, sanidade e vivenda" en cidades de Alemaña, Reino Unido, Austria e Holanda. A Europa máis próspera abandonou os eufemismos para cuestionar sen ambaxes un dos piares da UE: a libre circulación de persoas. Os ministros de Interior dos 27 debateron en Luxemburgo sobre eses supostos abusos a raíz da carta na que eses catro países pedían frealos. A forma de formulalo suscitou un enérxico rexeitamento da Comisión Europea, que esixe aos países que acheguen cifras antes de lanzar tales acusacións.

O discurso antiinmigración fraguado inicialmente no Reino Unido alcanzou o corazón de Europa, con Alemaña enarborando unha carta que fala de abusos na libre circulación -cita casos como os matrimonios de conveniencia- e pide o Executivo comunitario que os impida.

A iniciativa non prendeu na maioría dos Estados membros, que rexeitaron a existencia dun problema xeneralizado, segundo fontes diplomáticas. Malia todo, a Comisión Europea comprometeuse a elaborar para outubro un documento que clarifique os dereitos e deberes dos cidadáns estranxeiros e sirva como guía para a actuación dos Estados.

Máis alá de aceptar ese trámite, a Comisión está profundamente molesta pola deriva que adoptou o debate. A comisaria de Interior, Cecilia Malmström, instou os Estados asinantes da carta a que presentasen datos para documentar as súas queixas. Apoiado polo austríaco, o ministro alemán, Hans Peter Friedrich, espetoulle a Malmström que "só ten que pasearse por algunhas desas cidades alemás para entender o problema". A comisaria replicoulle en conferencia de prensa: "Viaxo moito por Europa, non só leo papeis no meu despacho. E somos conscientes dos movementos entre fronteiras, que normalmente son por boas razóns,". A responsable de Interior citou o caso da captación de españois cualificados que está a realizar Alemaña para solucionar as súas lagoas profesionais. E alertou sobre os riscos de asociar o termo inmigración aos cidadáns dos 27 Estados comunitarios, pois as regras que rexen a súa presenza na UE son diferentes.

En nome da presidencia do Consello Europeo, o ministro irlandés, Alan Shatter, avisou dos riscos de xenofobia que comporta un discurso dese tipo e recordou que os pretendidos abusos do Estado de benestar non proveñen unicamente de estranxeiros, senón tamén de cidadáns autóctonos. O ministro español, Jorge Fernández Díaz, sumouse á tese maioritaria e defendeu a libre circulación como "algo que pertence ao código xenético da UE", informa Efe.

O Executivo comunitario rexeita que a libre circulación se limite aos cidadáns que pretendan traballar, estudar ou montar un negocio no país de destino, como suxiren os asinantes da carta, pois o Tratado de Maastricht consagra o dereito aínda fóra deses casos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas