GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Minerva Velázquez «Empezar unha vida aquí é cada vez máis complicado»

(07/06/2013)

«Empezar unha vida aquí é cada vez máis complicado»

Alude ás trabas que teñen que superar os inmigrantes

 

 

Minerva Velázquez é unha das fundadoras da oenegué que funciona en Boiro. carmela queijeiro

 

Hai catro anos daba os seus primeiros pasos en Boiro Contacto, unha oenegué que nacía co firme propósito de axudar aos inmigrantes a establecerse na comarca. Co paso do tempo e, a medida que se agudizaba a crise, a entidade estendeu a súa rede e, a día de hoxe, abre as súas portas a todo aquel que necesite tanto bens materiais como asesoramento en distintos campos. Minerva Velázquez é, desde a súa condición de voluntaria e secretaria da asociación, testemuña directa da difícil situación que afrontan cada vez máis persoas.

 

-¿Cal era o obxectivo principal que lles levou a fundar a oenegué?

-Queriamos que os inmigrantes non sufrisen o que nós tivemos que pasar por descoñecer os trámites a realizar ou os organismos aos que acudir. Tamén queriamos prestar axuda a nivel social, co idioma, a cultura e a integración en xeral. A idea era facilitar a integración das persoas estranxeiras que se establecían aquí.

 

-¿Cre que conseguiron eses obxectivos?

-En gran medida si. Temos moitos grupos que superaron a barreira cultural e a administrativa, o que ocorre é que, cando habiamos conseguidos un progreso importante, freounos a crise. Temos que loitar máis, porque cada día se intensifican as trabas.

 

-¿Cre entón que os inmigrantes que chegan agora téñeno máis complicado que hai uns anos?

-Moitísimo máis difícil. Empezar unha vida aquí é cada vez máis complicado. Para empezar, falta o fundamental, o traballo. Antes, conseguíalo no prazo dun mes e incluso había xente que chegaba con contrato de orixe, algo que a día de hoxe é practicamente impensable.

 

-¿Cal é o principal obstáculo que se atopa un inmigrante cando chega a Barbanza?

-O máis difícil é conseguir os papeis, é dicir, estar aquí nunha situación regular. O que é a adaptación, é relativamente sinxela.

 

-¿A través de que liñas de axuda facilita Contacto a integración dos inmigrantes?

-Temos servizos básicos, como un banco de alimentos e un roupeiro social. A nivel administrativo, coñecemos os convenios entre países e podemos traducir documentos e incluso contamos con avogados. Podemos axudar a realizar todos os trámites que unha persoa que acaba de chegar necesita.

 

-Pero, ¿tamén prestan axuda aos barbanceses?

-Nós empezamos como unha asociación de inmigrantes, pero o que está claro é que non podemos pechar a porta a unha familia que recorre a nós porque non ten que comer. Todos aquel que o estea pasando mal é benvido aquí, porque o gran obxectivo é crear unha rede de axuda.

 

-¿Colabora a xente coa entidade?

-Si, sen ningún tipo de reparo. Onde temos o maior problema é a nivel de voluntariado. Somos tres ou catro persoas, nada máis.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas