GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Valentín García visita os estudantes de galego do Instituto Canella Blanch de Londres

(07/06/2013)

Valentín García visita os estudantes de galego do Instituto Canella Blanch de Londres

Cronicas de la Emigración

Redacción, Londres | 06 Xuño 2013 -

El secretario xeral, durante el homenaxe John Rutherford.

O secretario xeral, durante o homenaxe John Rutherford.

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, visitou este mércores, día 5, o Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, no marco da viaxe oficial que está a realizar no Reino Unido para achegarse a centros do exterior nos que se imparte docencia da lingua, literatura e cultura propias de Galicia.

Na visita, Valentín García estivo acompañado pola directora do IE Vicente Cañada Blanch, Maribel Martínez, e polo profesor Xaime Varela, que imparte galego neste centro preuniversitario do exterior grazas a un convenio que vén renovándose dende o ano 1991 entre a Consellería de Cultura e Educación e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, entidade da que depende o centro educativo.



'Fala Londres' e as TIC na educación

O blog educativo en galego do IE Canella Blanch, 'Fala Londres', recibiu hai uns meses o recoñecemento de 'Boa práctica 2.0', que lle outorgou ao profesor Xaime Varela o Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF), por constituír unha iniciativa garantista da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación á práctica docente con novos enfoques metodolóxicos e novas estratexias didácticas.

Nel recóllense diversas propostas de ensino e aprendizaxe con aplicacións da web 2.0 realizadas con alumnado de educación primaria, ESO e bacharelato nas que as tecnoloxías serven de apoio ao enfoque comunicativo da aula de lingua e promoven a participación e a cohesión da comunidade educativa. Ademais, informa de todas as actividades culturais relacionadas coa materia que se producen no centro e das noticias de interese relativas a Galicia que teñen lugar en Londres.

Pódese acceder a el no enlace http://galegoenlondres.blogspot.com.es/.



Homenaxe a John Rutherford, en Oxford

Previamente, Valentín García abriu a axenda de actos institucionais no Reino Unido coa participación na homenaxe que o Centro de Estudos Galegos (CEG) de Oxford lle rendeu ao tradutor e hispanista que o fundou en 1991, John Rutherford.

Como tributo ao seu labor de difusión e de proxección internacional da lingua, cultura e literatura propias de Galicia, o CEG de Oxford -un dos tres ingleses que dependen da Consellería de Cultura e Educación, en virtude dun convenio de colaboración- denominarase de aquí en adiante CEG 'John Rutherford'.

Ao acto asistiron, ademais do secretario xeral e do homenaxeado, o lector de lingua, literatura e cultura galegas deste CEG, Diego Pardo; a directora e o profesor de galego do IE Vicente Cañada Blanch, Maribel Martínez; e Xaime Varela, respectivamente; e tres ex lectores, Xelís de Toro, María García e Laura Sáez.

Ao longo da súa ampla traxectoria como embaixador internacional da lingua, literatura e cultura galegas, o tradutor e hispanista traduciu ao inglés autores como Alfonso D. Rodríguez Castelao ou Xosé Luis Méndez Ferrín. Rutherford é, ademais, dende o ano 2008, membro de honora da Real Academia Galega e, dende 2012, doutor 'honoris causa' pola Universidade da Coruña.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas