GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Presentados 160 proxectos dixitais ao concurso iberoamericano emprende con cultura

(05/06/2013)

Presentados 160 proxectos dixitais ao concurso iberoamericano emprende con cultura"

Os representantes dos proxectos seleccionados participarán no V Congreso Iberoamericano de Cultura que se celebrará en Zaragoza do 20 ao 22 de novembro

Parainmigrantes.info xuño 4, 2013

O concurso iberoamericano "Emprende con cultura" recibiu, dende o 1 de abril en que se abriu a convocatoria ata hoxe, un total de 160 proxectos dixitais.

A presentación de propostas permanecerá aberta ata o sábado 15 de xuño a todos aqueles emprendedores dos 22 países da Comunidade de Nacións Iberoamericanas (Andorra, Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, El Salvador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Perú, Paraguai, Portugal, República Dominicana, Uruguai e Venezuela) e de Puerto Rico, que teñan un proxecto dixital que estea relacionado co sector cultural e creativo dixital e que requira de calquera tipo de investimento externo para o seu desenvolvemento.

Dos proxectos presentados ata a data 45 corresponden a emprendedores de España, 37 de Arxentina, 12 de Colombia, 11 de Uruguai, 9 de México, 6 de Panamá, 5 de Chile, 5 de Guatemala, 4 de Costa Rica, 4 de Perú, 4 de Brasil, 3 de Ecuador, 3 de Honduras, 3 de Portugal, 3 de República Dominicana, 2 de Paraguai, 2 de Venezuela, 1 de Bolivia, e 1 de Cuba.

O concurso "Emprende con cultura", enmarcado dentro do V Congreso Iberoamericano de Cultura, que se celebrará en Zaragoza do 20 ao 22 de novembro está organizado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en colaboración con OEI (Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura).

Diversidade no enfoque e os sectores

Os enfoques e sectores dos proxectos presentados ata a data están a ser moi diversos. Hai dende iniciativas relacionadas co desenvolvemento tecnolóxico do sector educativo e a investigación científica, ata proxectos que apostan polas artes escénicas, o turismo, a pintura, a música, a edición dixital, a antropoloxía ou a ecoloxía, entre outros.

Todos os proxectos utilizan as novas tecnoloxías para o seu desenvolvemento e ferramentas innovadoras, como aplicacións para móbiles con realidade aumentada, mapas 3D, últimas tecnoloxías de identificación de lugares e persoas, plataformas de terceira xeración de software para edición de libros, etc. Tamén se presentaron iniciativas en torno a programas radiofónicos en formato podcast de literatura clásica, plataformas dixitais de servizos de información turística, creación de espazos de cultura virtual, libros de pintura que interactuan co lector a través de aplicacións, dicionarios audiovisuais, ou espazos lúdicos virtuais de aprendizaxe da arte e a cultura.

O obxectivo deste concurso é promover o emprendimento dixital nas industrias culturais e creativas en toda Iberoamérica; dar a coñecer os proxectos máis innovadores; e nutrir de ideas e relatores ao programa do V Congreso Iberoamericano de Cultura.

Xurado internacional e procedemento de selección de proxectos

Antes do 30 de xuño un xurado internacional elixirá polo menos 22 proxectos, un por cada país participante. Os proxectos seleccionados ou os seus representantes serán invitados do 18 ao 22 de novembro á residencia para creadores no Centro de Arte e Tecnoloxía-e Topía de Zaragoza para unha convivencia previa aos días do Congreso co obxectivo de fomentar a creatividade. Durante os días do Congreso participarán presentando o seu proxecto ante os asistentes, así como a un selecto grupo de mentores e posibles investidores.

Durante o congreso o xurado reunirase para adxudicar os 6 premios finais: á idea máis innovadora; ao proxecto máis innovador con menos de 3 anos de vida, ao proxecto máis innovador con máis de 3 anos de vida; ao proxecto máis social; ao proxecto emprendedor novo; e ao proxecto emprendedor sénior.

O xurado, integrado por expertos e representantes de institucións do ámbito europeo e iberoamericano, valorará especialmente a orixinalidade da idea ou proxecto; o potencial comercial e sostibilidade do modelo de negocio; a viabilidiade do proxecto; a achega do proxecto á industria cultural e creativa; o potencial para á modernización, innovación e adaptación tecnolóxica da industria cultural e creativa; o potencial para a súa implantación internacional, a través dun plan elaborado de expansión; a experiencia e compromiso do equipo promotor do proxecto; e o impacto social e/ou ambiental do proxecto na sociedade.

O prazo de presentación de proxectos finaliza o 15 de xuño. As bases do Concurso e o formulario de inscrición encóntranse dispoñibles en www.culturaiberoamerica.org/concurso-emprende-con-cultura/.

V Congreso Iberoamericano de Cultura

O V Congreso Iberoamericano de Cultura celebrarase en Zaragoza do 20 ao 22 de novembro baixo o lema "Cultura dixital, cultura en rede". Ten como principal obxectivo identificar como a transición da cultura ao ámbito dixital achegará innovación, creatividade e crecemento ás economías e sociedades iberoamericanas, e creará oportunidades para a configuración dun grande espazo cultural común.

Máis de 1.000 persoas de 23 países de fala hispano-lusa participarán nos tres grandes eixes temáticos (o novo ámbito dixital da cultura, a economía da cultura dixital e as linguas e culturas iberoamericanas na Rede) que logo se desenvolverán nunha serie de espazos concretos de debate (zona de experiencias, zona de tendencias e zona aberta) onde se abordarán aspectos selectivos dos distintos temas, en formatos variados como conferencias, presentacións, mesas redondas, e talleres na área chamada Ágora Dixital.

www.culturaiberoamericana.org

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas