GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Permiso de residencia para investidores estranxeiros que adquiran inmobles en España

(04/06/2013)

Permiso de residencia para investidores estranxeiros que adquiran inmobles en España

A futura Lei de Emprendedores prevé que os investidores estranxeiros que adquiran inmobles en España poidan obter unha autorización de residencia, pero non de traballo

parainmigrantes.info xuño 4, 2013

Fai algúns días que o Goberno anunciou importantes novidades en diversos ámbitos grazas á Lei de Emprendedores na que está a traballar.

No que respecta ao ámbito de estranxeiría e inmigración, esta lei traerá importantes novidades que provocarán a reforma do Regulamento de Estranxeiría. Principalmente, prevese que os investidores estranxeiros que adquiran un inmoble en España por un importe superior aos 500.000 euros, obterán maiores facilidades para a concesión dun visado, e mesmo para a obtención dunha autorización de residencia en España que, non obstante, non facilitará o aceso a traballar nin dará dereito a recibir ningún tipo de prestación social nin sanitaria.

Non obstante, non abondará unicamente con acreditar a compra da vivenda, senón que deberán cumprirse outros requisitos que determinará o Ministerio do Interior.

Este permiso de residencia, que inicialmente será de 2 anos, poderá renovarse sempre e cando se acredite que se mantén o investimento inicial de 500.000 euros.

Esta medida, que sen dúbida levantou certa polémica nalgúns sectores, adoptouse para equiparar a España con outros países da Unión Europea, tales como Francia, Portugal e Reino Unido, e mesmo Estados Unidos, nos que está a ser moi efectiva, xa que atrae talento e capital do exterior.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas