GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Coruña. Mujica recordou aos emigrantes galegos na súa dedicatoria no Libro de Ouro do Concello

(04/06/2013)

Mujica recordou aos emigrantes galegos na súa dedicatoria no Libro de Ouro do Concello

O presidente de Uruguai foi recibido ante as portas de María Pita polo alcalde, Carlos Negreira, preferentistas e cidadáns do seu país

Vestido cun xersei fino verde, chaqueta e lentes de sol. O presidente abrazouse e fotografou con varios cidadáns do seu país que lle estaban esperando. Na distancia de escoitaban os berros dos afectados polas preferentes, concentrados fronte ao Concello.

Mujica visitou o palacio municipal en apenas 20 minutos. Tivo tempo de ver o salón de plenos, saudar á corporación municipal e asinar no Libro de Ouro do Concello, no que recordou á emigración galega ao seu país con estas palabras: «Estamos rodeados de nostalxias de vellos nomes que acompañaron a nosa infancia. Canta dor e esperanzas embarcaron neste porto. A República Oriental do Uruguai agradece á Coruña e ao seu Galicia».

Inmediatamente despois saíu cara ao porto exterior de punta Langosteira, onde se entrevistará coa ministra de Fomento, Ana Pastor, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas