GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes pediron en Ribeira igualdade de dereitos

(03/06/2013)

Os inmigrantes pediron en Ribeira igualdade de dereitos

Cidadáns procedentes de África e Sudamérica analizaron as dificultades coas que se atopan a nivel laboral e sanitario

Un nutrido grupo de inmigrantes, na súa maioría procedentes de Sudamérica e África, participaron onte en Ribeira nun foro no que analizaron as dificultades coas que se atopan a nivel laboral e sanitario, así como os problemas de acoso policial que sofren algúns. En varios grupos de traballo púxose de manifesto que os recortes en materia social aplicados por mor da crise están a propiciar vulneracións no cumprimento dos seus dereitos.

Pola tarde, o colectivo celebrou unha concentración na praza do Concello. Dous representantes da organización barbancesa Contacto, de axuda aos estranxeiros, Minerva Velázquez e Lola Durán, leron un manifesto no que se reclama un compromiso cos vínculos de apoio mutuo entre «as persoas autóctonas e as inmigrantes, sobrevivindo e loitando pola xustiza, igualdade, dignidade ao que todos os seres humanos temos dereito». Membros da ONG Médicos do Mundo sumáronse á concentración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas