GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Alemaña estuda conceder a dobre nacionalidade a inmigrantes

(03/06/2013)

Alemaña estuda conceder a dobre nacionalidade a inmigrantes

EFE / 03 de xuño de 2013

O Goberno de Merkel quere instaurar a 'cultura de benvida' á inmigración para atraer man de obra cualificada a Alemaña.

O ministro alemán de Economía, Philipp Rösler, instou hoxe a implantar unha auténtica "cultura de benvida" para favorecer a chegada de inmigración cualificada que tanto precisa Alemaña, incluídas facilidades para acceder á dobre nacionalidade. Un impulso adicional, para atraernos a traballadores cualificados do estranxeiro," sería a dobre nacionalidade, o que contribuiría a unha auténtica cultura da benvida, apunta o ministro, en declaracións á edición dixital de "Der Spiegel.

Rösler recorda a imperiosa necesidade do mercado laboral alemán de dotarse deses traballadores cualificados, o que denomina "un dos grandes desafíos da economía alemá". O ministro apunta, así mesmo, que cos traballadores alemáns non se logrará cubrir a alta demanda deses sectores, polo que é preciso lograr esa chegada de inmigración cualificada.

Estas declaracións coinciden coa sexta edición do chamado "Cumio da Integración", que presidirá hoxe a chanceler Angela Merkel e á que están convocados representantes de colectivos estranxeiros e do empresariado alemán.

Dende a oposición e dende algúns colectivos de estranxeiros criticouse esta iniciativa como meramente simbólica, xa que ata agora non xerou resultados concretos. Rösler, líder do Partido Liberal (FDP), avogou reiteradamente pola implantación da dobre nacionalidade, cuestión que en Alemaña só se contempla en casos moi específicos e que ata agora rexeita a Unión Cristiandemócrata (CDU) de Merkel.

O cumio de hoxe coincide coas numerosas iniciativas lanzadas polo goberno de centro-dereita da chanceler para atraer o país traballadores cualificadas, especialmente dos países da zona euro máis afectados polo desemprego xuvenil, como España, Grecia e Italia. Alemaña ten o nivel máis baixo de desemprego xuvenil da zona euro -arredor do 8%-, o que contrasta coas porcentaxes por enriba do 50% dos seus socios do sur.

Estímase que en Alemaña viven uns 16 millóns de persoas de orixe estranxeira -unha quinta parte do total dos habitantes-, a gran maioría deles xa nacidos no país e con nacionalidade alemá. Datos recentes do departamento federal de Estatística (Destatis) cifraban en preto dun millón o número de novos inmigrantes chegados o ano pasado ao país, o que supón o maior fluxo dende 1995. Especialmente destacable foi o incremento de cidadáns procedentes de España, Grecia, Portugal e Italia, con porcentaxes que reflectían un aumento de ata o 45% de recén chegados respecto ao ano anterior.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas