GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A UE cambia o tratado de Schengen e acepta controis fronteirizos para frear a inmigración

(31/05/2013)

A UE cambia o tratado de Schengen e acepta controis fronteirizos para frear a inmigración

A «cláusula de urxencia» permitirá establecer inspeccións por un máximo de dous anos en casos en que se desborde a chegada de inmigrantes

 

Os membros da UE poderán introducir no futuro controis fronteirizos propios en casos en que se desborde a chegada de inmigrantes en situación ilegal ao país, segundo unha reforma do tratado de Schengen acordada polo Parlamento e a Comisión. A presidencia de quenda irlandesa da UE comunicou a decisión en Bruxelas. Con esta nova «cláusula de urxencia» cúmprese unha das principais esixencias de Alemaña. Os controis estarán con todo limitados temporalmente a un máximo de dous anos.

A Comisión Europea encargarase de supervisar eses controis. O requisito para pór en marcha unha destas medidas excepcionais é que un país do grupo Schengen non poida controlar as súas fronteiras externas e iso repercuta de forma «ampla» na seguridade interna doutros países. Os gobernos encargaranse entón de controlar as súas propias fronteiras por un período máximo de dous anos. A medida concíbese como unha iniciativa extraordinaria e aplicable só en circunstancias excepcionais. Precísase ademais unha «recomendación» do consello, nunha reunión de todos os países da UE. Ata a data impuxéronse controis de 30 días só para grandes acontecementos como partidos de fútbol, así como de 10 días tras casos graves como atentados terroristas.

O debate sobre a seguridade das fronteiras exteriores cobrou forza en 2011, cando miles de refuxiados procedentes de África do Norte chegaron a Europa coincidindo coa primavera árabe. Grecia podería ser un dos países en recorrer a este mecanismo, pois Atenas está desbordada desde hai anos coa afluencia de inmigrantes en situación ilegal.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas