GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Pontevedra. Alumnos estranxeiros anticipan as probas do selectivo

(29/05/2013)

Alumnos estranxeiros anticipan as probas do selectivo

Medio centenar de persoas iniciaron os exames no centro da UNED

Escrito por:
28 de maio de 2013

 

 

Anastasia Boiko (en primeiro termo) iniciou onte tres xornadas de exames na UNED. ramón leiro

 

«As sensacións son sempre boas, pero imos esperar», di Alberto González, de 21 anos, sobre os seus primeiros exames da selectividade. Este mozo venezolano é un dos 48 estranxeiros e españois que estudan en centros adscritos en países foráneos que desde onte realizan as probas do selectivo no Centro Rexional Asociado á UNED. A maioría destes alumnos proceden de países suramericanos (sobre todo de Perú, Colombia e Venezuela), aínda que tamén hai 16 españois examinándose que estudan fóra e outros mozos proceden de países como Kuwait (5) e Rusia (1).

Por primeira vez, o centro da UNED acolle estes exames para todo o noroeste peninsular, unha semana antes que os de acceso ordinario á universidade. Ata agora, os estranxeiros residentes en Galicia tiñan que desprazarse a Madrid para o selectivo.

Historia da Filosofía ou Historia de España

Os estudantes estreáronse pola mañá coas materias obrigatorias, a elixir entre Historia da Filosofía ou Historia de España. Alberto optou pola filosofía e, entre Aristóteles e Marx, polo primeiro. «E xenial, o clásico de toda a vida, aínda que agora hai que esperar as notas». Este venezolano vive en Santiago e espera que a media lle permita estudar Psicoloxía. O segundo exercicio foi o de comprensión lectora e, pola tarde, celebrábase o de lingua estranxeira.

En tres días

As probas prolongaranse ata mañá, en horario de mañá e tarde. «En Venezuela facémolo todo nun día», engade Alberto, que comenta esta primeira sesión xunto aos seus compatriotas Milagros Seguín, de 17 anos, e residente en Ourense, e Daniel González, da mesma idade.

Aínda que naceu en España, Milagros estivo a vivir dous anos no país suramericano. «Ao graduarme alí o pasado ano teño que facer esta proba -explica a moza-. Alá é un ano menos de Bacharelato. Así que durante este inverno estiven nunha academia preparando o selectivo». Ela elixiu Historia de España e tivo que explayarse en preguntas sobre o franquismo, o desastre do 98, o reinado de Fernando VII e a primeira República. «Bo, saíume bastante ben», conta, mentres explica que espera cursar a titulación de Administración de Empresas no campus de Ourense.

«A educación de aquí gústame máis»

 

Anastasia Boiko é unha moza rusa de 21 anos que reside en Valladolid e espera cursar alí a carreira de Arquitectura. O certo é que, di, xa levaba dous cursos en Salamanca. Aínda que este ano se decatou de que non lle homologaban os seus estudos de Bacharelato en Rusia «porque alí é un ano menos» e conta que lle anularon o seu expediente, polo que deberá comezar desde cero a carreira se agora supera o selectivo. «Non se que tal me me saín, porque a verdade é moi complicado, moita historia...», sinala. Conta que a súa avoa é unha das nenas da Guerra que foron a Rusia e que na procura das súas orixes está a súa intención de vir a España. Leva tres meses preparando o selectivo nunha academia e subliña que «aquí a educación me gusta máis, son máis abertos os profesores, e a xente é moi aberta e familiar». Hoxe quédalle Historia da arte e Técnicas Gráfico Plásticas. «Se non aprobo, en setembro intentareino outra vez», afirma.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas