GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Torres Cantalapiedra repite na presidencia do Centro Galego de Montevideo

(29/05/2013)

Torres Cantalapiedra repite na presidencia do Centro Galego de Montevideo

Cronicas de la Emigración

Álvaro Velázquez, Montevideo | 28 Maio 2013 -

El saludo entre los líderes de ambas listas.

O saúdo entre os líderes de ambas as dúas listas.

Jorge Torres Cantalapiedra repite na presidencia do Centro Galego de Montevideo para o periódo 2013-2015, tras unhas eleccións onde incrementou a vantaxe obtida na ocasión anterior fronte á lista 308 que levaba como candidato á presidencia a Arturo Torreiro.

O resultado foi de 153 votos para a lista 5, que foi a gañadora, e 113 votos para a lista 308, nunha elección que se realizou nun clima de total harmonía entre os participantes.

Torres, o primeiro presidente do Centro Galego non oriúndo, repite a súa xestión nesta oportunidade, para ratificar o traballo realizado os dous anos anteriores, fundamentalmente buscando poñer en marcha o centro de recuperación cardíaca.

Ao conversar con Galicia no Mundo un contento Torres manifestaba que seguiría co desafío de levar adiante dous temas que cualificou de importantes como o son manter a administración do centro e a unión de toda a colectividade.

Ao ser consultado polo que viría manifestou que "as perspectivas son as que di o noso sublema, "continuación, unidade e traballo," traballar para a posta en marcha do centro de recuperación cardíaca, seguir mantendo o centro en todos os seus aspectos, tanto no cultural coma no deportivo,".

En canto á unión da colectividade mencionou tres áreas nas que se debería traballar para a unión como a son a deportiva, a cultural e o sanitario, sabendo que é un tema difícil de concretar. "Do que estamos convencidos é que ten que ser o Centro Galego de Montevideo quen aglutine a toda a colectividade", xa que "é o centro galego máis antigo do mundo" e "sería unha inxustiza que, por non nos poñer de acordo no nome, perdelo. "Como se organiza e "como se goberna despois se verá coas outras institucións", concluíu Torres Cantalapiedra.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2019
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas