GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A UE, contra os dereitos humanos en materia de inmigración irregular segundo a ONU

(28/05/2013)

A UE, contra os dereitos humanos en materia de inmigración irregular segundo a ONU


abc/efe / xenebra

Día 27/05/2013


O relator especial nesta materia di que «non» percibe os inmigrantes como individuos con iguais dereito»

La UE, contra los derechos humanos en materia de inmigración irregular según la ONU

luis de veiga
As rúas de Marsella reflicten a diversidade da orixe da súa poboación

O relator especial das Nacións Unidas sobre os dereitos humanos dos emigrantes, François Crépeau, criticou este luns que a Unión Europea (UE) trate o tema da inmigración como un «problema de seguridade», en lugar de afrontalo dende a perspectiva dos dereitos humanos.

Durante a súa intervención ante o Consello de Dereitos Humanos da ONU, Crépeau lamentou que na lexislación da UE a inmigración irregular sexa considerada «como un problema de seguridade que debe frearse. Isto é totalmente contrario a unha visión dos dereitos humanos, dado que non percibe os inmigrantes como individuos con iguais dereitos,».

O relator elaborou un informe sobre a xestión das fronteiras externas da UE e o seu impacto nos dereitos humanos dos inmigrantes. Para iso, centrouse o estudo nas fronteiras externas porque «é onde teñen lugar os peores abusos, incluídas as mortes acaecidas no intento de alcanzar a UE».

«A pesar de que a directiva europea estipula que a detención con fins de retorno forzado só debería ser unha medida de última instancia, observei que o discurso de dar seguridade ás fronteiras converteu a detención de inmigrantes irregulares nunha ferramenta lexítima, a pesar de que non hai ningunha evidencia de que a detención teña un efecto disuasorio», engadiu.

Ademais, engadiu que «presenciou repetidamente» procesos inadecuados de arresto, sen «respecto da lei nin das garantías procesuais e a detención de nenos».

Por outra parte, criticou a política de «externalizar» o control fronteirizo, ao transferir a responsabilidade do control do fluxo migratorio a terceiros países, o que «non» se realizou coas necesarias garantías de respecto aos dereitos humanos».

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas