GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta aumenta de 70.000 a 170.000 euros a partida destinada a retornados

(27/05/2013)

A Xunta aumenta de 70.000 a 170.000 euros a partida destinada a retornados

Cronicas de la Emigración

Redacción, Santiago - | 24 de Maio de 2013

A Secretaría Xeral de Emigración convocou as axudas para que os emigrantes poidan facer fronte aos gastos derivados do seu retorno a Galicia, cunha dotación total que pasa dos 70.000 euros do pasado ano aos 170.000 euros desta convocatoria, segundo figura na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia.

A Secretaría Xeral de Emigración convocou as axudas para que os emigrantes poidan facer fronte aos gastos derivados do seu retorno a Galicia, cunha dotación total que pasa dos 70.000 euros do pasado ano aos 170.000 euros desta convocatoria, segundo figura na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia.

Estas axudas de carácter extraordinario contan cunha liña para asistir de forma xenérica no retorno dos emigrantes galegos e os seus familiares e outra específica para afrontar gastos de traslado de enxoval, da viaxe de volta e de tradución e legalización de documentos. Ambas as dúas liñas asistenciais son compatibles entre si.

Segundo os datos solicitados por Emigración entre 2009 e 2012 e recollidos por Europa Press, os emigrantes que volven a Galicia que se acollen a este tipo de axudas adoitan proceder, en máis dun 60 por cento dos casos, de Cuba.

Pola súa banda, nun 25 por cento dos casos, as persoas beneficiarias proceden de Venezuela, Arxentina e Uruguai, os países que precisamente contan con maiores colonias da diáspora galega. Entre as peticións formuladas chegaron mesmo de lugares como unha procedente das Illas Mauricio.

Trámites

A presentación de solicitudes poderá realizarse ata o 30 de setembro e poderán optar ás axudas as persoas con cidadanía española que viviron no estranxeiro e que, antes de emigrar, a súa última residencia foi en Galicia e os emigrantes naturais desta Comunidade, así como os seus familiares máis próximos.

Os requisitos para beneficiarse destas axudas son residir no estranxeiro un mínimo de tres anos ininterrompidos inmediatamente anteriores ao retorno e traballar no exterior durante un mínimo dun ano.

No caso das persoas que accedan á nacionalidade española, deberán acreditar que ese período de traballo sexa posterior á data de acceso á cidadanía. Non obstante, estarán eximidas deste requisito as persoas maiores de 65 anos ou as persoas cunha minusvalidez recoñecida nun grao superior ao 65%.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas