GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Feijóo viaxará a Cuba no segundo semestre deste ano para reforzar o apoio aos 38.000 galegos que viven alí

(23/05/2013)

Feijóo viaxará a Cuba no segundo semestre deste ano para reforzar o apoio aos 38.000 galegos que viven alí

Cronicas de la Emigración

Redacción, Santiago | 21 Maio 2013 -

Reforzar o apoio aos galegos que viven en Cuba e afondar nos vínculos económicos entre Galicia e a illa son os principais obxectivos da viaxe que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo prepara para o segundo semestre deste ano.

O obxectivo principal de Feijóo será visitar os 38.000 galegos que residen en Cuba para coñecer de primeira man a súa situación e as súas demandas, de forma que a Xunta poida dar continuidade á permanente defensa dos intereses sociais e asistenciais da colectividade galega na illa cubana.

Neste sentido, o presidente galego intentará fomentar a unión entre as entidades galegas radicadas na illa, un proceso que xa materializou a colectividade galega afincada en Cataluña e que, ademais de en Cuba, tamén prevén levar a cabo neste ano 2013 centros de emigrantes en Alemaña, Venezuela ou Arxentina.

Por outro lado, Feijóo aproveitará a viaxe para manter encontros institucionais e comerciais, de cara a intensificar os lazos entre Galicia e Cuba.

De xeito concreto, buscará estudar e mellorar as relacións económicas da Comunidade con ese país, inmerso nun proceso de reformas que ofrece oportunidades de exportación e posibilidades de investimento en sectores estratéxicos galegos, como a agricultura, a gandaría, a pesca, as enerxías renovables, a construción pública ou a automoción.

Ao longo dos próximos meses, concretarase a axenda do presidente en Cuba, que se pechará en coordinación co Goberno central para que sexa acorde cos obxectivos de política exterior do Executivo estatal.

De feito, Núñez Feijóo xa lle transmitiu ao ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación, José Manuel García Margallo, a súa intención de realizar neste ano unha visita a Cuba, a primeira que realizará dende que foi elixido Presidente da Xunta en 2009. A viaxe dará continuidade á estratexia de acción exterior de Galicia en Cuba, que iniciou en 1991 o ex presidente da Xunta Manuel Fraga, o primeiro mandatario galego en realizar unha visita a ese país.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas