GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Un total de 160 descendentes de emigrantes convivirán con 80 mozos e mozas galegos nos campamentos de verán de Xuventude

(20/05/2013)

Un total de 160 descendentes de emigrantes convivirán con 80 mozos e mozas galegos nos campamentos de verán de Xuventude

 
  • Esta iniciativa permitirá que as e os descendentes de galegos poidan coñecer a realidade da mocidade galega a través da convivencia e das experiencias que lles aportarán as actividades que protagonizarán nos campamentos.
  • Xa está aberto o prazo para poder participar en calquera destas iniciativas, as e os interesados poderán realizar a inscrición seguindo as instrucións publicadas na web http://xuventude.xunta.es.
  • Terán lugar nas residencias xuvenís LUG II de Lugo e Florentino López Cuevillas de Ourense, así como no albergue de Gandarío da Coruña durante dúas quendas de 12 días no mes de xullo.
  • Ademais, mozos e mozas de entre 18 e 35 anos poden participar noutras tres actividades da campaña de verán que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
 
Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2013.

O programa rotatorio de convivencia entre participantes galegos e galegas da Galicia territorial e da Galicia exterior, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, permitirá que un total de 80 galegos e galegas de entre 18 e 30 anos participen nas actividades dos campamentos xuvenís xunto con outros 160 mozos e mozas descendentes de emigrantes.

Esta iniciativa permitirá que as e os descendentes de cidadás e cidadáns galegos poidan coñecer a realidade da mocidade galega a través da convivencia e das experiencias que lles aportarán as actividades que protagonizarán nos campamentos.

Estas actividades terán lugar nas residencias xuvenís LUG II de Lugo e Florentino López Cuevillas de Ourense, así como no albergue de Gandarío da Coruña durante dúas quendas de 12 días no mes de xullo.

Nas dúas primeiras ubicacións, as e os participantes poderán coñecer o patrimonio histórico e cultural destas dúas zonas, así como percorrer varios tramos do Camiño Francés e da Ruta da Prata ata Compostela. No albergue de Gandarío realizarán actividades relacionadas co mar.

Actividades para maiores de 18 anos
Ademais, mozos e mozas de entre 18 e 35 anos poden participar noutras tres actividades da campaña de verán que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. A primeira delas titúlase ‘Barrancos do Miño’ e conta con actividades deportivas como o barranquismo en Portomarín, kaiak polo río ou rotas BTT. O aloxamento das e dos participantes será no Complexo Xuvenil LUGII e as quendas no mes de xullo.

A segunda actividade, "Surfeando no Cantábrico" será no Campamento Xuvenil A Devesa de Ribadeo durante o mes de agosto e ten como obxectivo iniciar ás e aos participantes no mundo do surf e do bodyboard. Tamén poderán realizar rotas de sendeirismo e escalada en rocódromo.

A última actividade, “Ruta en kaiak de mar - emprende no mar", tratará de fomentar o respecto polo medio mariño a través de actividades marítimas, ao tempo que se realizarán charlas e seminarios sobre emprendedurismo e innovación. Terá lugar nas instalacións da fundación Illa de San Simón entre os días 2 e 6 de agosto. O número total de prazas para as tres actividades é de 153.

Para poder participar en calquera destas iniciativas, as e os interesados poderán realizar a inscrición seguindo as instrucións publicadas na web http://xuventude.xunta.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2019
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas