GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Centro Galego de Cuxhaven celebra con éxito a súa 36ª Festa de Primavera

(13/05/2013)

O Centro Galego de Cuxhaven celebra con éxito a súa 36ª Festa de Primavera

Cronicas de la Emigración
Alejandra Plaza, Frankfurt - | 13 de Maio de 2013

'Follas Novas' del Centro Gallego de Frankfurt.

'Follas Novas' do Centro Galego de Frankfurt.

O sol acompañou no primeiro fin de semana de maio aos habitantes da cidade alemá de Cuxhaven e aos numerosos asistentes á celebración da tradicional festa de primavera que o Centro Galego asentado nas beiras do mar do norte organiza cada ano.

O sol acompañou no primeiro fin de semana de maio aos habitantes da cidade alemá de Cuxhaven e aos numerosos asistentes á celebración da tradicional festa de primavera que o Centro Galego asentado nas beiras do mar do norte organiza cada ano. O primeiro e segundo alcalde da cidade de Cuxhaven, doutor Ulrich Getsch e Rüdiger Kürmann; o representante do partido CDU, Horst Huthsfeldt; o representante do partido SPD, Günter Wegner; o presidente do hospital de Cuxhaven, Bernd Hartig; o presidente da COFEDASGA, Ramiro Vieito Vilas; o presidente do Centro Galego de Nuremberg, Gerardo Arias; o presidente do Centro Galego de Frankfurt, José Ramón García; a tradutora Sandra Pinheiro Bermúdez; a concelleira de Xuventude do Concello de Vilanova de Arousa, Nuria Morgade Pouso, acompañada por Elías González Roma e Enrique Rial Señoráns; estreitaron lazos e compartiron inquietudes e impresións sobre a situación da colonia española residente na cidade cun xantar de fraternidade ofrecido polo presidente do Centro Galego de Cuxhaven, Albino Abal.

Dende o Concello de Vilanova, co que existe un irmandamento coa cidade alemá, manifestouse o interese por crear intercambios con mozos para fomentar a aprendizaxe do español e o alemán entre as dúas colonias.

O flamenco do grupo 'Alegría', do Centro Galego de Cuxhaven, e o folclore máis tradicional do grupo 'Airiños do mar' de Cuxhaven e o grupo Follas Novas', do Centro Galego de Frankfurt, estiveron presentes no escenario para deleite de todos. Como colofón, Francisco Chalín, Sheila Rodríguez e Vanina Galino, veciñas de Vilanova e integrantes de orquestras galegas, achegaron o entregado público aos ritmos máis bailables e actuais das verbenas españolas.

O presidente do Centro Galego de Cuxhaven, Albino Abal, aproveitou a ocasión para agradecer a asistencia e colaboración recibida por parte das diferentes institucións alemás e españolas, grupos musicais, asociacións e aos socios da entidade galega, sen os cales non sería posible manter un evento destas características durante tantos anos.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas