GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda confía en que o exemplo de unión dos centros galegos en Cataluña se estenda fóra de España

(10/05/2013)

Miranda confía en que o exemplo de unión dos centros galegos en Cataluña se estenda fóra de España

Cronicas de la Emigración

Redacción, Santiago | 09 Maio 2013 -

Rodríguez Miranda y Núñez Feijóo, durante la reciente reunión en Barcelona.
Rodríguez Miranda e Núñez Feijóo, durante a recente reunión en Barcelona.

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, confía en que o proceso de unión de entidades que se materializou o pasado fin de semana por 15 centros galegos presentes en Cataluña, e ao que asistiu o presidente Feijóo, se poida dar en breve noutras entidades galegas da diáspora en terras máis afastadas.

Na súa recente viaxe a Venezuela, Miranda puido constatar as firmes intencións que a este respecto lle transmitiron algunhas entidades presentes na capital e a súa zona de influencia. "A pesar de que no país existe un centro cun peso específico superior -dixo Miranda en referencia á Irmandade Galega de Venezuela en Caracas-, outras entidades apostarían por unirse a ela e así fortalecer aínda máis a presenza e solvencia da galeguidade en Venezuela". Miranda tamén asegurou que existen posibilidades reais de unión en Cuba e Brasil.
Nunhas declaracións á Cadea Cope, o secretario xeral de Emigración aproveitou a unión das entidades catalás para aludir ao amplo abano de entidades galegas presentes en Bos Aires e Montevideo que poderían, en breve, camiñar pola mesma senda, sempre co obxectivo, compartido en todos estes procesos, de que xurdan organismos máis fortes, máis sostibles e que, polo tanto, ofrezan máis servizos aos galegos do exterior.

Entidades como referentes sociais
Congratúlanos que, no caso da diáspora en Arxentina e Uruguai, eles tamén viven alí este momento como un importante fito para camiñar nesta senda. Pola súa transcendencia histórica e importancia numérica, sería moi interesante que a diáspora de ambas as dúas nacións volvese ser punta de lanza no proceso de unificación e engrandecemento da 'galeguidade ", recalcou Miranda, quen se mostrou convencido de que no exterior están concienciados da "necesidade de traballar xuntos para xerar unhas entidades que sexan auténticos referentes sociais no ámbito no que están situadas", como de feito xa está a acontecer con moitas delas e algunhas xurdidas precisamente da unión doutras menores.
Durante a entrevista, o secretario xeral de Emigración fixo fincapé en que os procesos de unificación serán apoiados polo Goberno galego, e de feito xa se publicaron no DOG ordes de axudas a centros da diáspora que priman aos que se adherisen a algún destes procesos.

Embaixadores de Galicia

Rodríguez Miranda reiterou a idea do presidente Feijóo de que detrás de cada emigrante pode esconderse o mellor embaixador da Galicia territorial, e que de feito son moitos os galegos da diáspora que están a botar unha man - "importante" dixo Miranda-, de xeito altruísta pero entusiasta, no proceso de busca de novos investidores para as empresas galegas, e de novos mercados para os seus produtos e servizos.
Neste sentido, apuntou o secretario xeral, "teño que dicir moi satisfactoriamente que a receptividade é total, todo o mundo se pon a disposición e pregunta 'onde pode axudar', e eu creo que un exemplo deste traballo, desta axuda, son os resultados que se están a ver en México", dixo, en referencia aos recentes contratos alcanzados no país azteca e que benefician ao sector naval galego.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2019
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas