GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Plan Intensivo de Nacionalidade: 82% de expedientes de nacionalidade tramitados

(08/05/2013)

Plan Intensivo de Nacionalidade: 82% de expedientes de nacionalidade tramitados

www.parainmigrantes.info maio 8, 2013

382.265 Expedientes de nacionalidade española dun total de 478.233 foron tramitados xa a 8 de maio de 2013

O 82% dos expedientes de nacionalidade española superou a fase de tramitación segundo a web dos Rexistradores Mercantís e da Propiedade, Registradores.org.

O avance é significativo e, se todo segue así, parece que se poderán cumprir as expectativas todos os expedientes poderán estar completados antes do mes de Xuño ou como moito, antes de Xullo.

Pero aínda quedan moitas dúbidas por resolver xa que esta cifra non corresponde cos expedientes realmente resoltos, trátase de expedientes tramitados ou con proposta de resolución efectuada por Rexistradores, proposta que debe ser confirmada por Xustiza a efecto de ditar unha resolución de concesión ou denegación da nacionalidade española.

O dato de nacionalidades resoltas por Xustiza non debe coincidir necesariamente co de tramitadas polos Rexistradores, de feito, nós pensamos que o número de nacionalidades resoltas é inferior ás 382.265 expedientes.

Cuestión á parte é o tema das Xuras. Realizáronse miles delas, é posible que centos de miles. Non sabemos o dato exacto, pero aínda quedan moitas por facer. No Rexistro Civil de Madrid estanse adiantando as do 2010, pero aínda hai citas para o ano que vén nalgúns casos. En Barcelona, co sistema de cita para a xura por carta, o proceso parece facerse interminable e así, sucesivamente en moitas cidades.

E dos Notarios, nada de nada. Tampouco temos noticias. Hai xa moitas semanas que se asinou a encomenda de Xura pero dende entón non coñecemos ningún detalle que nos faga enxergar que as xuras se van facer pronto, nin como van facerse, nin se a inscrición se realizará de forma automática.

Malia todo, non pensamos que a cousa estea tan mal. Os prazos parece que se están a cumprir. Unha gran maioría de estranxeiros incluídos neste plan agora xa son españois e outros, con máis ou menos problemas, serano máis tarde ou máis pronto.

A aqueles que aínda esperan, pedímosvos paciencia. Aos responsables do Plan Intensivo de Nacionalidade, celeridade, efectividade e profesionalidade.

Todos estamos no mesmo barco.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas