GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Parlamento aproba unha iniciativa para o recoñecemento da emigración pola súa contribución ao avance educativo

(08/05/2013)

O Parlamento aproba unha iniciativa para o recoñecemento da emigración pola súa contribución ao avance educativo

 

Cronicas de la Emigración

Redacción, Santiago | 07 Maio 2013 -

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha iniciativa do PPdeG encamiñada ao impulso do recoñecemento e a homenaxe ás sociedades e colectivos de emigrantes galegos, principalmente pertencentes a zonas de América, pola súa contribución ao avance educativo e ao progreso cultural de Galicia nas décadas de finais do século XIX e no primeiro terzo do século XX.

Na iniciativa 'popular' considérase necesario promover actividades, actos e declaracións nos centros educativos da comunidade e na sociedade no seu conxunto que poñan en evidencia o esforzo do importante labor altruísta na educación dos galegos que potenciaron os emigrantes. Así, a deputada popular María Dolores Faraldo destacou que dende o ano 1904 ata 1936 os galegos emigrados crearon nos nos seus países de acollida máis de 500 sociedades de instrución, coa finalidade de crear un sistema educativo firme en Galicia que se consolidase co paso do tempo. E estas sociedades, segundo María Dolores Faraldo, posibilitaron a creación de ao redor de 250 escolas por toda a xeografía galega.

A deputada do PPdeG destacou a exposición 'Luces de alén mar. Ás escolas de americanos en Galicia' que ten lugar no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) e que retrata o labor social e educativo que desenvolveron as sociedades e colectivos de indianos, que propiciaron a construción de varios centos de escolas en Galicia. "É importante afondar no camiño iniciado con esta exposición e coa presenza permanente no Mupega dunha aula de indianos e unha sala de xuntas e pode resultar interesante complementala con outras accións que permitan aos escolares de Galicia coñecer e interpretar o enorme labor educativo e cultural a favor do desenvolvemento social e de progreso de Galicia dende a outra beira do Atlántico" segundo María Faraldo.

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas