GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Case 30.000 españois emigraron a Alemaña durante o ano 2012

(07/05/2013)

Case 30.000 españois emigraron a Alemaña durante o ano 2012

Supón un aumento do 45% con respecto ao ano anterior

De acordo con eses datos, Alemaña experimentou o ano pasado a maior chegada de estranxeiros ao país desde 1995, cun total de 966.000 persoas, o que supón un incremento do 15 % respecto ao ano anterior e o maior aumento desde 1995.

O maior aumento correspondeu a cidadáns da Unión Europea (UE), cun total de 96.000 persoas máis que as chegadas en 2011, o que supón unha subida anual do 18 % e sitúa en 638.000 o número de estranxeiros procedentes deste área.

Especialmente destacable foi o número de cidadáns chegados dos países máis afectados pola crise, como España, cun incremento do 45 % e un total de 29.910 persoas, o que representa 9.238 persoas máis respecto das 20.672 que legaron en 2011.

Portugal, Grecia e Italia

De Portugal chegaron 4.000 cidadáns, mentres que de Grecia o fixeron outros 10.000 e de Italia 12.000 -un 40 % máis que o ano anterior-.

O segundo grupo de procedencia que resalta Destatis corresponde aos países de ingreso recente na UE, como Eslovenia, Hungría, Romanía e Bulgaria.

Dos países europeos non membros da UE chegaron a Alemaña 127.000 persoas -un incremento do 14 %-, mentres que do resto do mundo fixérono 195.000 -un aumento do 7,6 %-.

O resto, ata as 966.000, corresponden a persoas de procedencia descoñecida ou non aclarada, na súa maioría chegados por vía marítima.

Os lugares de destino deses estranxeiros foron os «Länder» (estados federados) máis industrializados do país, con Baviera á cabeza, seguido de Renania do Norte-Westfalia, Baden-Württemberg e Hesse.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas