GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Consulado Móbil de Colombia na Coruña

(07/05/2013)

Consulado Móbil de Colombia na Coruña

www.parainmigrantes.info maio 6, 2013

A unidade "Colombia é Móbil" visita a cidade da Coruña os días 23, 24 e 25 de maio


O Consulado de Colombia en Madrid realizará un consulado itinerante na Coruña os días 23, 24 e 25 de maio.



Servizos

Xestión de Trámites: Na Unidade Colombia é Móbil pódense realizar xestións como tramitación de documentación colombiana, diferentes actos notariais, certificados e constancias entre outros trámites.

- Inscrición Consular

- Pasaportes (Lectura mecánica e de emerxencia)

- Documentos de identidade:

* Cédula de cidadanía (Primeira vez, Renovación, Duplicado e Rectificación)

* Tarxetas de Identidade

- Rexistro civil (Nacemento, Matrimonio e Defunción)

- Apostila para Antecedentes penais

- Certificacións e constancias (De supervivencia, De inscrición e non inscrición consular, outras certificacións)

- Notariais: Poderes, Saídas de Colombia para menores, Declaracións Xuradas, certificacións INEM Autenticacións e legalizacións de documentos, Recoñecementos de firmas en documentos e outros.

OUTROS SERVIZOS

- Asesoría xurídica aos nosos compatriotas sobre temas de estranxeiría, penais, alimentos, saídas do país de menores, pensións, entre outros.

- Notificación de exhortos.

Situación do autobús

Explanada do Campo de Fútbol de Riazor.

Atención con Cita Previa:

- Xoves 23 e venres 24 de maio de 8:30 a 14:00 e de 15:00 a 18:00.

- Sábado 25 de maio: de 8:30 a 14:00 horas.

Se consultando a páxina da Rexistraduría ou o Consulado a súa cédula aparece dispoñible para ser entregada, envíe un email a cedulas@consuladodecolombiamadrid.com antes do 21 de maio e solicite que lle sexa enviada. A entrega de cédulas e pasaportes farase en horario de atención e non require cita previa.

Consulta as tarifas e os requisitos dos trámites na Páxina web do Consulado de Madrid.

* Se por xurisdición non lle corresponde o Consulado de Madrid, poderá facer todos os trámites salvo a Inscrición Consular e o Certificado desta.

Recorda que non serás atendido:

* Sen cita previa

* Se se presenta 30 minutos despois da súa cita

* Se non teñen TODOS os requisitos completos o día e hora da súa cita

* Sen cédula vixente (amarela de hologramas) ou contrasinal de menos dun ano e orixinal de pasaporte

Non se recibe diñeiro en efectivo. Debe realizar o pagamento con tarxeta bancaria ou na conta do Banco Santander No. 0049- 0496-81-2410206925.

Se requires que che leven a túa cédula, envía un correo electrónico a cmadrid@cancilleria.gov.co antes das 8 am do día anterior ao inicio do Consulado Móbil. (aquí podes verificar se a cédula está no Consulado de Madrid)

Recorda levar unha copia do seu documento de identidade colombiano.

SE VAI SOLICITAR CÉDULA DUPLICADO OU RENOVACIÓN DEBE LEVAR FOTOS!! ademais dos requisitos da web do Consulado de Madrid. AS FOTOS DEBEN SER: 3 (tres), Recientes, de tamaño 5 × 4: en cor e con fondo branco, con roupa preferiblemente escura, sen piercings e ombros cubertos. A medida dende o queixo ao final da cabeza DEBE ser de 2.7 cm. En caso que a persoa teña pouco pelo o fondo deberá ser en cor azul.

Pide a túa cita aquí

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas